Inicio Pontevedra Unha senda peonil unirá en breve as parroquias de Priegue e Nigrán...

Unha senda peonil unirá en breve as parroquias de Priegue e Nigrán

A Consellería de Medio Ambiente comezará nas vindeiras semanas a execución dunha senda peonil entre a parroquia de Priegue e Nigrán, na estrada Vigo-Tui

O obxectivo da actuación é a creación dun itinerario de 710 metros de lonxitude pola marxe dereita da estrada PO-552, mellorando a seguridade viaria dos viandantes

Os veciños de Nigrán poderán achegarse desde esta localidade ata a travesía das Rexas utilizando a senda executada ao longo da estrada autonómica

Unha senda peonil unirá en breve as parroquias de Priegue e NigránA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar o contrato para a execución dunha senda peonil ao longo da estrada autonómica Vigo-Tui (PO-552), en Priegue, no Concello de Nigrán. Con esta actuación, que se iniciará nas próximas semanas, os veciños da zona poderán camiñar desde a parroquia de Priegue ata a entrada de Nigrán utilizando un itinerario habilitado ao efecto.

As obras foron adxudicadas a Construcións Obras e Viais, S.A. (COVSA) por algo máis de 140.000 euros. O proxecto ten por obxecto a creación dun itinerario peonil de 710 metros de lonxitude entre os puntos quilométricos 8+160 (no que finalizan as beirarrúas existentes en As Rexas) e 8+870, no que se inician as beirarrúas de Nigrán.

Este proxecto permite a interconexión dos distintos núcleos de edificacións que se localizan ao longo do treito, mellorando a seguridade viaria dos viandantes, xa que na actualidade deben circular pola estreita beiravía desta estrada, que rexistra intensidades de tráfico elevadas neste punto, no entorno dos 15.000 vehículos/día.

A senda peonil construirase en paralelo á estrada, ao mesmo nivel da rasante desta para garantir a drenaxe axeitada, e cun ancho mínimo de 1,5 metros. Executarase en formigón coloreado, de xeito que sexa facilmente perceptible para os usuarios, segundo se amosa na simulación que se achega.

A obra complementarase coa execución dunha cuneta de seguridade para a recollida e evacuación das augas superficiais da plataforma ata os puntos de desaugue. Ademais, colocaranse os sistemas de contención precisos para separar o tráfico rodado do peonil, reducindo así a posibilidade de atropelo por saída de vía.

A actuación que levará a cabo a Consellería de Medio Ambiente beneficiará aos preto de 18.000 habitantes do Concello de Nigrán, que verán mellorada a súa seguridade viaria. O departamento que dirixe Ethel Vázquez, mediante este tipo de actuacións, pretende proporcionar aos cidadáns unha rede viaria máis segura e cómoda, que mellore a accesibilidade do conxunto de usuarios.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies