spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán celebra as III Xornadas sobre Violencia de Xénero no Día Internacional...

Nigrán celebra as III Xornadas sobre Violencia de Xénero no Día Internacional para a sua erradicación

Nigrán celebra as III Xornadas sobre Violencia de Xénero no Día Internacional para a sua erradicación

 

As xornadas, financiadas polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade, versarán nesta edición sobre a adolescencia, a violencia e as novas tecnoloxías

 Con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero, o Concello de Nigrán  organiza  as III Xornadas sobre Violencia de Xénero “Adolescencia, violencia e novas tecnoloxías”, unha iniciativa posta en marcha por o goberno municipal, cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade, que este ano chegan a súa terceira edición.

Tradicionalmente, os estudos referidos á violencia de xénero concentraronse de xeito casi exclusivo nas parellas adultas. Cando a literatura científica comezou a interesarse polas parellas máis novas, a vinculación con estos estudos resultou automática, considerando que a violencia en parellas adolescentes era o mesmo fenómeno. Sen embargo, algúns autores comezaron a plantexar a necesidade de realizar estudos dirixidos explícitamente a este fenómeno, na medida na que a dinámica que se establece entre parellas adultas non é a mesma que a dinámica noivo-noiva das parellas máis novas.

Este fenómeno é coñecido na literatura internacional como “dating violence” ou “dating aggression”, aínda que a literatura nacional optou por utilizar términos como violencia/agresividade nas relación de noivado ou nas relacións sentimentais adolescentes.

As novas tecnoloxías

Debido á utilización das novas tecnoloxías na sociedade da información e o coñecemento están xurdindo novas formas de exercer violencia de xénero.

No ano 2013 foron presentados dous estudos promovidos pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero. “El ciberacoso como forma de ejercer violencia en la juventud: un riesgo en la sociedad de la información y del conocimiento” e “La evolución de la adolescencia española sobre la igualdad y la prevención de la violencia de género”, nos que se profundizaba na violencia de xénero na xuventude e as novas tecnoloxías.

Algúns dos datos extraídos de ambos estudos revelan que o 28% de mozos e mozas non consideran conducta de risco responder a unha mensaxe no que lle insultan. O 49,4% dos mozos e o 26,2% das mozas non consideran moi ou bastante perigoso queder con outro mozo ou moza que coñeceron por internet.

O 25% das mozas e o 53% dos mozos non consideran moi ou bastante perigoso responder a unha mensaxe no que alguén que non coñece lle ofrece cousas. O 4,9% das mozas e o 16,1% dos mozos non consideran moi ou bastante perigoso colgar unha foto de carácter sexual, conducta que recoñecen haber realizado en dúas o máis ocasións o 1,1% das mozas e o 2,2% dos mozos.

No ámbito territorial galego, un recente estudo sobre o uso das novas tecnoloxías da mocidade galega, publicado o pasado mes de setembro e elaborado pola Xunta de Galicia, o Valedor do Pobo e a Universidade de Santiago de Compostela revela datos similares. Un 31,4% dos adolescentes galegos admiten ter contactado con descoñecidos a través de internet, e un de cada dez revela que quedou con persoas as que coñece exclusivamente a través da rede.

Estos datos foron o punto de partida para a organización de estas xornadas coa finalidade de darlle visibilidade na contorna da conmemoración do día internacional para a erradicación da violencia de xénero.

As xornadas

As xornadas están  estructuradas en cinco ponencias nas que participarán Yolanda Rodríquez Castro, cuxa ponencia abordaráNigrán celebra as III Xornadas sobre Violencia de Xénero no Día Internacional para a sua erradicación o marco conceptual da violencia de xénero en parellas adolescentes; Patricia Alonso Ruido, que profundizará nunha das prácticas de risco, o “sexting”; Pablo Grande Seara, que abordará a problemática dende o ámbito xurídico;  Antonio Rial Boubeta, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do estudo elaborado en Galicia, que exporá os resultados do estudo centrados no ámbito da violencia de xénero; e, por último, Carmen Barreiro Couto, membro do grupo de traballo sobre a adolescencia e novas tecnoloxías promovido polo Valedor do Pobo, que abordará as estratexias de intervención.

As xornadas desenvolveranse os días 5 e 6 de novembro en horario de tarde no Salón de Actos Municipal, rematando o prazo de inscrición na víspera das xornadas, o día 4 de novembro. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres no teléfono 986 383 081, no correo electrónico cim@nigran.org ou a través da páxina Web www.nigran.org.

- Publicidade -spot_img