spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona, na máxima categoría de "Ouro" da Rede de Prais sen Fume...

Baiona, na máxima categoría de “Ouro” da Rede de Prais sen Fume por manter todas as súas praias libres de tabaco

baiona-na-maxima-categoria-de-ouro-da-rede-de-prais-sen-fume-por-manter-todas-as-suas-praias-libres-de-tabacoA iniciativa comezou en Baiona en 2012 cando o ex Conselleiro de Sanidade e actual alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, era alcalde da localidade por aquel entón. Baiona foi o primeiro concello de Galicia, e un dos poucos de España, en vetar o tabaco nalgunhas das súas praias. A iniciativa arrincou en 2012 na Ribeira e, tras o éxito de aceptación entre os bañistas, estendeuse aos areais da Barbeira, Os Frades, A Concheira e ao resto de areais.

Revista Cousas de Nº23

O Concello de Baiona alcanza un ano máis a categoría máxima de “Ouro” da Rede de Praias sen Fume promovida pola Xunta de Galicia, xa que os seis areais da localidade, Ribeira, Barbeira, Concheira, Frades, Santa Marta e A Ladeira revalidaron este distintivo.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, fixo entrega en Cabanas dos diplomas das categorías de ouro e de prata que anualmente outorga a Xunta de Galicia no marco da Rede Galega de Praias sen Fume. Ao acto acudiero a concelleiro de Turismo, Sheila González Martíns, e o concelleiro do Mar, Joaquín López Goce.

A Rede de Praias sen Fume naceu como consecuencia da iniciativa que en 2012 puxo en marcha o Concello de Baiona. En 2016 a Consellería de Sanidade á fronte de Almuiña como conselleiro, creou a rede, co obxectivo de estender a idea a todo o litoral galego e contribuír con ela a promocionar a saúde e a protección do medio ambiente.

O alcalde de Baiona e ideólogo desta iniciativa de compromiso cos hábitos saudables e o medio ambiente, cualifica este distintivo de importante e destaca que ”unha medida que se ideou en Baiona foi seguida por un gran número de municipios de todo Galicia e xa se está estendendo a outras moitas localidades de España”. Almuiña sinala que “se trata dun proxecto con gran acollida pola poboación pois se trata dunha medida de concienciación e non sancionadora. Significou un gran beneficio tanto para a fauna mariña como para a saúde do noso veciños, turistas e visitantes. Dotouse aos areais con cinceiros nas zonas de entrada das praias para que haxa unha gran convivencia entre fumadores e non fumadores. As 6 praias de Baiona son semiurbanas e dun ambiente moi familiar e entendemos que sobre todo para os máis pequenos, para que non se atopen ao xogar con cabichas, pero fundamentalmente polo fume tan prexudicial e nocivo para a saúde”, matizou. O rexedor aproveita para lembrar que as praias son referente en varios aspectos “praias sen fume, bandeiras azuis, todas as súas praias teñen selo SICTED e accesibilidade…”

Froito do interese e a gran acollida desta iniciativa o alcalde de Baiona participou como relator, por ser o creador desta iniciativa, onte no O ‘2º Congreso Internacional Bandeira Azul: sustentabilidade, saúde e seguridade coorganizado por ADEAC cos Concello de l’Alfàs do Pí (Alacante) e Gandía (Valencia), que se celebrou nas instalacións da Casa da Cultura de l’Alfàs.

baiona-na-maxima-categoria-de-ouro-da-rede-de-prais-sen-fume-por-manter-todas-as-suas-praias-libres-de-tabaco
Alcalde de Baiona e Presidente de ADEAC Congreso Internacional de Bandeira Azul

O obxectivo principal de congreso é compartir experiencias e exemplos dun turismo sostible. No congreso contarase coa participación directa de 48 persoas en representación de entidades públicas e privadas, das que 43 relatores (catedráticos, profesores, investigadores, alcaldes, concelleiros, técnicos, expertos) presentarán traballos relacionados con 4 bloques de contidos:Sustentabilidade: Xestión integral de dunas e praderías de fanerógamas mariñas, e xestión sostible do medio mariño. Saúde e accesibilidade en praias. Seguridade e Socorrismo. Educación Ambiental: Presentación de experiencias e exemplos prácticos de actividades.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.