O Concello de Baiona investirá un 40% (243.000euros) do total do orzamento outorgado pola Deputación de Pontevedra a mellorar a rede de saneamento e os viarios das parroquias do municipio.
Baiona aposta polas parroquias, así o declarou o Alcalde na súa toma de posesión e así o demostra con este ambicioso plan. “Unha parte importante do orzamento de Deputación destinarase a mellorar a rede de saneamento así como o pavimento dun total de 7 camiños en diferentes zonas das parroquias de Baiona”.
En concreto actuarase no Camiño A Ponche (Baredo), Camiño Soutiño , As Covas, ambos no Urgal, Camiño do Costal, Loureiro, na Granxa, todos eles en Belesar, así como en Ou Loureiral en Baiona e o Camiño Paseira que conectaría as parroquias de Santa Cristina da Ramallosa e Belesar. A esta partida súmanse os 64.000 euros do orzamento municipal destinados á rede de saneamento en Eidos (Baíña).
As obras proxectadas divídense segundo as diferentes actuacións:
No Camiño para Ponche (Baredo) proxéctase unha rede de saneamento de augas residuais mediante colectores de PVC. A rede completarase con pozos de rexistro e acometidas domiciliarias. Debido a que o camiño polo que se incorpora á rede, presenta unha anchura reducida, óptase pola restitución completa do firme ao longo deste tramo. Os mesmos traballos realizaranse en Camiño Soutiño, As Covas, Camiño do Costal, e Camiño do Loureiro. En todas estas vías dotaríase a unha serie de vivendas da rede de saneamento de augas residuais dando continuidade á xa existente.
En Ou Loureiral e Paseira tamén se proxecta unha rede de saneamento de augas residuais mediante colectores de PVC. A rede completarase con pozos de rexistro e acometidas domiciliarias. Con todo nestes tramos prevese un fresado e unha restitución do firme. Nestas dúas calzadas instalaríanse unha rede de drenaxe de augas pluviais.
En total máis de 2.000 metros lineais de camiños asfaltados
A maiores destas intervencións proxectadas polo Concello, e con cargo á citada partida desenvolveranse os traballos dun novo pozo de bombeo de augas residuais na parroquia de Santa Marta a cargo da da Consellería de Medio Ambiente como adiantou Beatriz Mato na súa vista á recentemente termina humanización da Rúa Areas, en Sabarís. Tratásese dunha actuación na que Augas de Galicia investirá preto de 90.000 euros e que substituirá o actual bombeo, duplicando a capacidade e evitando posibles verteduras e alivios.
O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, destacou que “aos poucos, imos afianzando a nosa aposta polas zonas rurais do municipio coa mellora de diversos camiños que, principalmente, supón unha importante mellora da seguridade viaria. Ademais de levar a rede de saneamento a un gran número de veciños e veciñas das diferentes parroquias baionesas”. “Trátase dunha gran aposta deste equipo de goberno polas nosas parroquias pois con todas estas obras levarían a cabo traballos en todas e cada un delas”.