spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona incrementa un 37% as cifras de visitantes nos 6 primeiros meses...

Baiona incrementa un 37% as cifras de visitantes nos 6 primeiros meses do ano

Máis-50.000-persoas-solicitaron-información-oficina-turismo-Baiona-durante-verán

A tradicional Queimada puxo o broche de ouro o pasado venres ao Día do Turista de Baiona do que gozaron centos de persoas. Baiona celebrou ao grande o Día do Turista e a ocasión non era para menos. Tras un verán sen igual no que o bo tempo foi a tónica xeral no municipio, Baiona colgou o cartel de completo nos meses estivais pero a tendencia á alza xa vén de lonxe.

“De xaneiro a xullo deste ano, segundo datos solicitados na oficina de turismo de Baiona, rexistráronse máis de 40.332 visitantes. Isto supón un incremento dun 37 %, con respecto ao mesmo período do ano 2.015, na que se rexistraron 25.501 visitantes”, destacou a edil de Turismo, Beatriz González, quen sente moi contenta con estes bos resultados.

Supón un incremento de 14.831 visitas no mesmo período de 2015. En canto ao mes de maior afluencia xuño sitúase en primeiro lugar con 13.765 visitantes, seguidos de maio con 8888 e marzo 8827.

Os principais países emisores no período foron Portugal 8.304 turistas, Inglaterra 1.685 Francia 1624 e Alemaña 1034.

En canto aos turistas nacionais, os madrileños son os que máis visitaron Baiona, 7261, seguidos doutros gallegosvenidos de diferentes puntos da nosa comunidade, 6556, casteláns leoneses, 4934, andaluces, 4070, cataláns, 3.903, e Vascos 3388.

González, sinalou que uns dos principais obxectivos de Turismo Baiona “é consolidar esas cifras excepcionais, e que dita consolidación tradúzase nunha maior estabilidade para o emprego”. Así mesmo, incidiu en que Baiona é un destino turístico de referencia e que co balance tan positivo do primeiros seis meses lógrase romper de forma significativa a estacionalidade do turismo na nosa vila. Temos que seguir traballando para dar continuidade a esa actividade turística durante todo o ano?.

O destino turístico Baiona se estila e son moitos os que se decantan por pasar os seus días de descanso na vila mariñeira na época estival e durante o resto do ano pois é un lugar que ofrece moitas alternativas e actividades. Turismo cultural, turismo familiar, turismo de sol e praia…

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.