spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona inaugura o seu Belén no hall da Casa do Concello

Baiona inaugura o seu Belén no hall da Casa do Concello

Baiona inaugura o seu Belén no hall da Casa do ConcelloO Alcalde de Baiona e a concelleira de Cultura inauguraron esta mañá a exposición do Belén que se alberga no hall do Concello.

Carlos Gómez agradeceu o traballo realizado por dous veciños deste municipio, en concreto por Kike Chamorro e Juan Santos, “grazas á súa implicación desinteresada todos os veciños e visitantes poderán gozar desta singular exposición nestas datas tan entrañables”.

Explicou tamén que a mostra se conforma con máis de 150 figuras tradicionais do belén, das que 22 delas atópanse en movemento e ocupa un espazo de aproximadamente 10 metros cadrados no que os asistentes poderán contemplar distintos episodios do nacemento do Neno Jesús.

A Concelleira de Cultura pola súa banda indicou que a apertura deste belén é unha das múltiples actividades do Nadal que o Concello organizase ao longo destas datas e que se trata de “gozar da maxia do nadal, que nos guastaría compartila con quen vén a visitarnos”.

O Belén poderá visitarse de luns a venres en horario de 8 horas ata as 20:00 horas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.