Baiona fomenta o uso da bicicleta no municipio

Pero agora en Baiona vaise máis aló creando 25 localizacións de estacionamento para un total de 150 bicis, nas zonas de maior necesidade como son, os Colexios, Biblioteca, Pavillón, Oficina de Turismo, Campo de Fútbol Municipal, Centro de Saúde, Concello e Centro Antena en Sabarís e 36 aparcabicis dobres ao longo de todo o carril bici Baiona- Ramallosa nas zonas de máxima necesidade como Miradoiros, Zonas Deportivas e praias para que Baiona siga sendo un referente ambiental e de seguridade, a totalidade destes 75 aparcabicis dobres son de aceiro inoxidable para soportar mellor as duras condicións da proximidade do mar, mantendo unha elegante estética como os colocados na rúa Carabela Pinta.Baiona quere potenciar e fomentar o uso da bicicleta como un medio máis para conseguir unha vila máis saudable, para o que instaláronse máis aparcabicis e poder ancorar 150 bicicletas a maiores dos que xa existían.

O alcalde Angel Rodal quere converter a Real Vila de Baiona nun referente saudable na comarca, e por todo isto ha levando acabo a instalación de 75 novos aparca bicis que darán soporte para poder ancorar 150 unidades máis por todo o concello.

Como xa hai uns anos, Baiona tivo a iniciativa de ser dos primeiros concellos en contar con praias sen fume, agora a pretensión é a de apostar por un transporte económico á vez que saudable como é a bicicleta.

Non é menos certo, que dunha tempada cara atrás o deporte da bicicleta está en auxe, e aproveitando a súa orografía, em Baiona decidiron dar un paso máis e apoiar á bicicleta como medio de transporte.

O poder circular e explorar a Vila de Baiona en bicicleta cada vez será máis fácil porque ademais de ofrecer perspectivas impresionantes, pode xogar un papel decisivo para Baiona.

Angel Rodal comenta que “é noso deber como institución máis próxima ao cidadán é seguir traballando na posta en marcha de numerosas medidas para fomentar activamente o uso e gusto pola bicicleta potenciando a súa implantación, non só como deporte, senón como medio de transporte viable, aceptado e práctico”.  Tamén subliña que “nestes últimos anos mellorouse en Baiona o acceso e seguridade con infraestruturas como o carril bici, e xa comezamos co único tramo que nos faltaba entre Santa Marta e a Ladeira”.

En Baiona, ahora vaise máis aló creando 25 localizacións de estacionamento para un total de 150 bicis, nas zonas de maior necesidade como son, os Colexios, Biblioteca, Pavillón, Oficina de Turismo, Campo de Fútbol Municipal, Centro de Saúde, Concello e Centro Antena en Sabarís e 36 aparcabicis dobres ao longo de todo o carril bici Baiona- Ramallosa nas zonas de máxima necesidade como Miradoiros, Zonas Deportivas e praias para que Baiona siga sendo un referente ambiental e de seguridade, a totalidade destes 75 aparcabicis dobres son de aceiro inoxidable para soportar mellor as duras condicións da proximidade do mar, mantendo unha elegante estética como os colocados na rúa Carabela Pinta.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies