spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona e Nigrán tomarán medidas para protexer o seu patrimonio cultural das...

Baiona e Nigrán tomarán medidas para protexer o seu patrimonio cultural das agresións

baiona-e-nigran-tomaran-medidas-para-protexer-o-seu-patrimonio-cultural-das-agresions

Comenza a restauración do cruceiro de San Telmo, na ponte da Ramallosa, e a limpeza do pavimento e pintadas

Os alcaldes de Baiona e Nigrán se comprometeron este martes a tomar medidas para protexer o seu patrimonio cultural das agresións e evitar que feitos coma os ataques ao cruceiro de San Telmo, na ponte románica da Ramallosa, se volvan a repetir.

Ángel Rodal e Juan González visitaron este martes a ponte da Ramallosa para asistir ao inicio das obras de restauración do cruceiro e a limpeza do pavimento. Os rexedores de Baiona e Nigrán se mostraron firmes á hora de garantir o bo estado das xoias do patrimonio miñorano.

“Despois de ano e medio de tramitacións e esperando polos permisos necesarios, é moi boa noticia que un dos principais referentes patrimoniais e culturais do Val Miñor ao fin se poida restaurar. Dende o Concello tomaremos todas as medidas necesarias para evitar calquer outro dano en toda a ponte en todo o seu conxunto, dende o pavimento  ao cruceiro”, sinalou Juan González.

Pola súa banda, Ángel Rodal insistiu no símbolo da ponte da Ramallosa como unión dos dous municipios e paso obrigado para os peregrinos. “É un valor vital do patrimonio cultural do Val Miñor, unha ponte de unión co paso de moitísimos peregrinos que valoran moi positivamente a paisaxe e a conservación e posta en valor desta xoia ao seu paso hacia Santiago”, apuntou o rexedor baionés.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia deu o pasado mes de febreiro luz verde ao proxecto para a restauración do cruceiro, polo que técnicos da empresa BIC Materiales y Conservación S.L. recolleron os brazos do cruceiro depositados nos concellos de Baiona e Nigrán, así como o brazo que permanecía na súa situación orixinal para reconstruír a peza e colocala de novo no seu lugar.

A contratación ten un custe de 3.500 euros que asumirán os concellos de Baiona e Nigrán e inclúe tanto a limpeza do pavimento da ponte románica como das pintadas. Segundo as primeiras estimacións, a empresa calcula que todos os traballos estean finalizados nun prazo dunha semana. Durante as labores dos técnicos, o acceso peonil permanecerá pechado.

- Publicidade -spot_img