spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona da a coceñer ás mencións especiais da súa VIII Gala do...

Baiona da a coceñer ás mencións especiais da súa VIII Gala do Deporte

Baiona da a coceñer ás mencións especiais da súa VIII Gala do Deporte Baiona xa ten todo disposto para celebrar este sábado a súa Gala do Deporte que este ano volve á normalidade tras os anos  marcados pola pandemia e vén cunha imaxe renovada

Cousas de revista nº16

En palabras da Concelleira de Deportes, Andrea Pérez González: “ Será unha gala inclusiva onde se contará con intérprete de linguaxe de signos, diversa (unha sección das mencións especiais é o recoñecemento a aqueles e aquelas deportistas, entidades ou proxectos que se involucran e participan activamente co deporte adaptado e inclusivo), pero sobre todo onde os protagonistas serán as e os nosos deportistas e as súas familias”.

A cita será o vindeiro sábado, 25 de marzo, ás 19:30h, as portas abriranse media hora antes, no Auditorio Municipal V Centenario.

A Concellería de Deportes dende o Concello de Baiona deseñou unha velada para premiar aos seus deportistas máis destacados, pero tamén a patrocinadores e entidades que participan activamente no mundo deportivo. Este ano a cita estará guiada pola xornalista Alba López e polo  xornalista baionés Bernardo Montaña.

O xurado técnico da gala composto por membros dos clubes locais,  reuniuse para elixir as sete persoas  nomeadas nas súas correspondentes categorías, as cales se coñecerán e  recibirán o galardón o sábado durante a gala. Ademais, dentro do apartado de mencións especiais homenaxearase como mención especial individual a: Antonio Liébanas Blanco ,a Antón Iglesias Leyenda e a Jose Miguel Pérez Vázquez.

Farase unha mención especial a todos os clubs de bolos de Baiona:  Baredo Birlos Club, Club de bolos de A Rega, Club de bolos Estivada, Club de bolos Medialdea, Club de bolos Portameán e Club de bolos Belesar – Urgal

“Por seguir apostando polo deporte tradicional como é o bolo Celta pero tamén polos múltiples logros conseguidos a nivel autonómico e nacional dos seus deportistas, facendo que Baiona convértase nunha das vilas con maior número de clubs de bolos celta de Galicia”.

Tamén mención especial a aquelas persoas deportistas, entidades ou eventos deportivos que poñen en valor, fomentan e participan no deporte adaptado e inclusivo na nosa vila conseguindo así dar unha maior visibilidade e coñecemento. Neste sentido, na categoría individual a mención vai para Mila López e Julio Vilas. Mentres que a mención para as actividades ou proxectos que leven a cabo este labor son: o Torneo Integra organizado polo Erizana Club de Fútbol; a Xornada de Convivencia cos mozos do Centro Juan María (Día internacional das Persoas con Discapacidade); a  participación con Down Vigo polo día do libro e outras moitas actividades realizadas ao longo da tempada polo Bahiña Fútbol Sala; a Vela adaptada do Monte Real Club de Iates, o Discapaciquad da  ATV Distrito XVIII e o Programa Vincúlate levado a cabo pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, indica que “esta edición será a Gran Festa do Deporte na que se vai a recoñecer o traballo, esforzo e implicaciónde todas as persoas que forman e formaron parte dos clubes e entidades deportivas, que conseguiron co seu esforzo e traballo sacar adiante ao longo do paso dos anos as asociaciones deportivas baionesas. Tamén aos deportistas individuais. Queremos que o deporte baionés viva e desfrute dun gran evento para visibilizar o enorme traballo realizado, a importancia do deporte base na formación dos nosos rapaces e rapazas e os beneficios que para a saúde reporta a práctica deportiva. Seguir promocionando o deporte aporta múltiples beneficios á sociedade baionesa”.

O rexedor invita a toda veciñanza de Baiona a este evento “no que se recoñecerán os logros e méritos deportivos alcanzados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas de Baiona, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local”.

- Publicidade -spot_img