spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona convértese en destino dunha oferta de mini cruceiros polas Rías Baixas

Baiona convértese en destino dunha oferta de mini cruceiros polas Rías Baixas

baiona-convertese-en-destino-dunha-oferta-de-mini-cruceiros-polas-rias-baixas

Baiona será punto de parada dunha nova iniciativa de mini cruceiros polas Rías Baixas, que busca desestacionalizar o turismo e que o combina coa oferta patrimonial, cultural e gastronómica.

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron en Baiona as rutas que conformarán os cruceiros costeiros polas rías galegas,

A acción está posta en marcha pola Asociación Galega de Actividades Náuticas. Os cruceiros poderán realizarse en barco de pasaxe ou en veleiro e cuxa duración pode oscilar entre un e tres días.

Aloxamento en hoteis e visitas a adegas e restaurantes son os alicientes dun plan apoiado desde a Axencia Galega de Turismo, Portos de Galicia e o Concello de Baiona. Os mini cruceiros darán comezo o 15 de abril e manteranse ata mediados de outubro. A vila de Baiona está incluída nos seguintes itinerarios: o dos Tesouros das Rías de Galicia, que contempla tres días de singradura -venres. sábado e domingo-, do que uno deles se pernotará e ceará na Real Vila. A outra modalidade, Cruceiro Illas Atlánticas e vilas mariñeiras, que inclúe un periplo de seis días -con saída o martes e chegada o domingo (en xullo e agosto serían 7 días, incluíndo o luns), cuxos pasaxeiros visitasen o municipio baionés.

Esta oferta imita a outras desenvolvidas no Douro por operadores lusos e en Bretaña por operadores de turismo franceses. O presidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas, Manuel Soliño, confía no éxito da iniciativa que será comercializada en España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda.

No caso de Baiona faranse escalas para visitar a Vila e todos os recursos directamente relacionados co descubrimento de América, ademais para cear nos restaurantes participantes e pernoitar nos hoteis seleccionados.

O Alcalde de Baiona, Angel Rodal, mostrouse moi satisfeito porque Baiona estea incluída no itinerario: ” Que Baiona estea incluída no itinerario non é casualidade. A nosa Vila é un referente turístico e gozamos dun rico patrimonio paisaxístico, ambiental e cultural que non pasan desapercibidos e que a xente demanda. Esta iniciativa axudará a desestacionalizar o turismo da nosa localidade. Permitindo que os comerciantes e hostaleiros teña unha maior afluencia de público en tempada baixa, polo que serán os grandes beneficiarios desta pioneira iniciativa”

Entre os obxectivos búscase desestacionalizar a oferta turística, así como aproveitar os recursos locais para atraer visitantes, integrar a oferta en terra coa oferta desde o mar, aumentar os barcos en tránsito ou aumentar a venda de produtos de calidade locais a través dos menús específicos que ofrecerán os restaurantes colaboradores.

Desta iniciativa beneficiaranse os hoteis, restaurantes, comercio, confrarías de pescadores, portos deportivos, é dicir, o destino en xeral.

A idea é atraer turistas de poder adquisitivo medio-alto en tempada baixa a través dun dos nosos principais recursos: o mar.

A directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, destacou as potencialidades dos 1.700 quilómetros de costa que ten Galicia. “Constitúe un gran avance na potenciación das actividades relacionadas co mar e o turismo” e sinalou que “converterá a nosa comunidade en referencia Europea en Cruceiros Costeiros de escalas en terra e valorizará o patrimonio natural e cultural da nosa comunidade”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.