spot_img
InicioPontevedra e ÁreaBaiona conta cun novo espazo público dentro do casco histórico

Baiona conta cun novo espazo público dentro do casco histórico

baiona-conta-cun-novo-espazo-publico-dentro-do-casco-historico

O Concello recupera unha parcela na Rúa do Reloxo e abre un novo acceso aos xardíns do Museo da Navegación cun investimento de 45.000 euros

Os baioneses teñen desde esta semana un novo espazo público de esparexemento no casco urbano. O Concello de Baiona inaugurou unha praza pública situada xunta a Rúa do Reloxo e que abre un acceso aos xardíns do Museo da Navegación.

Cun investimento de 45.000 euros, procedentes dos remanentes de Tesorería, e co apoio da Deputación de Pontevedra, que aportou 7.500 euros, levouse a cabo a recuperación dunha parcela que ata o de agora era utilizada para almacen. Os traballos remataron esta semana e supoñen a rehabilitación dunha zona de 230 metros cadrados.

Eliminados os alpendres e un portalón metálico que afeaban a contorna da Casa do Reloxo, a praza foi acondicionada con pavimento de granito, bancos, papeleiras e vexetación para crear un espazo de ocio para os baioneses. Ademais, a través dunha zona de xabre pódese acceder aos xardíns do Museo da Navegación.

“O equipo de goberno ratifica con esta actuación o seu compromiso coa renovación do casco histórico e pon o broche de ouro ás melloras na Rúa do Reloxo. Supón unha mellora notable da estética do lugar que pon en valor unha nova zona peonil dentro do espazo adicado á cultura, o medio ambiente e o goce  de todos os veciños”, segundo destacou o alcalde, Ángel Rodal.

A apertura da praza xera tamén un recinto libre ao tránsito peonil delimitado polo museo, a emblemática Torre do Reloxo, o viveiro de empresas recentemente habilitado e o xulgado de paz, de forma que os xardíns xa teñen acceso desde tres rúas diferentes: Reloxo, Conde e Ventura Misa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.