O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou ás instalacións deportivas de Baiona onde anunció que o municipio rexistrou o récord de tránsito de barcos deportivos de Galicia. Estivo acompañado polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal, a concelleira de Turismo, Beatriz Gonzales e polos presidentes do Monte Real Club de Yates e o de Portos Deportivo Baiona.
Durante a súa visita a Baiona, Durán Hermida lembrou que este municipio foi o concello de Galicia no que se rexistrou o maior número de tránsitos, cun total de 366 barcos, un 75% máis que o ano anterior. Neste sentido, o presidente de Portos reiterou a importante repercusión desta actividade para a economía local dos municipios costeiros dado o volume de negocio que xera no sector náutico e auxiliar e no sector servizos.
Por este motivo, para Portos de Galicia, a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural, tal como se recolle no Plan estratéxico da náutica recreativa 2012-2020, que o ente público está a poñer en práctica. Para impulsar estas chegadas, estanse a desenvolver accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional. Así, cómpre reseñar a participación de Portos de Galicia, en colaboración con Turismo de Galicia, en eventos de referencia no sector do turismo náutico, como o a feira Fitur de Madrid, o Salón Náutico Internacional Grand Pavois, de La Rochelle, ou o Salón Náutico de París. Portos de Galicia ten previsto dar continuidade a estas accións en base á súa incidencia nas cifras de captación de actividade náutica para os peiraos galegos.