spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona clausura o campamento urbano gratuíto ofertado polo Concello durante o mes...

Baiona clausura o campamento urbano gratuíto ofertado polo Concello durante o mes de agosto

Baiona clausura o campamento urbano gratuíto ofertado polo Concello durante o mes de agostoA praza do Concello de Baiona acolleu esta mañá o acto de clausura da segunda quincena do campamento urbano ofertado de forma gratuíta a través da concellería de cultura. Unha actividade destinada a menores de 5 a 12 anos.

Revista COUSAS DE Nº18

A concellería organiza esta actividade para ofrecer a posibilidade de que os nenos e nenas empreguen o seu tempo libre estival participando en actividades de forma organizada e planificada, a través de actividades de calidade, promovendo a corresponsabilidade, a cooperación, a educación en valores, coñecendo os espazos públicos municipais, e fomentando a convivencia entre as persoas máis pequenas.

Para a celebración das actividades establecéronse   dúas quendas no mes de agosto: do 1 ao 14 de agosto e do 16 ao 31 de agosto. Os horarios son de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas e  participaron 45 cativos e cativos na primeria quenda e 15 nesta segunda quincena.

Durante o campamento desenvolveuse   un programa de actividades de lecer e tempo libre previamente programado. Houbo distintas clases de xogos: de presentación,   de cooperación, de integración…visitas a distintos monumentos, museos, prazas e praias da vila. Entre as actividades programáronse visitas á Carabela Pinta, á Casa da Navegación, á Virxe da Roca, ao  Parador de Turismo Conde de Gondomar, á Estatua de Martín Alonso Pinzón, ao monumento “Atopo entre dous mundos”, ao porto… Tamén  se realizou  un tramo do Camiño Portugués pola Costa, unha recollida de residuos na praia e unha festa temática para este fin de quenda.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e o concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, fixeron entrega dun diploma a cada un dos nenos e nenas participantes na actividade que intercambiaron coa concelleira as súas impresións acerca de loas actividades na que participaron estes días de campamento urbano.

O campamento levou a cabo a empresa de actividades lúdicas e educativas Matrácala.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.