spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona achega a historia da Arribada aos máis pequenos

Baiona achega a historia da Arribada aos máis pequenos

baiona-achega-a-historia-da-arribada-aos-mais-pequenos

Os colexios de infantil ‘O Areal’ e ‘O Agro’ partciparon hoxe nunha xornada moi especial deseñada especialmente para eles, Visitando os principais monumentos da ruta pinzoniana.

A arribada da carabela Pinta ao porto de Baiona o 1 de marzo de 1493 marcou a historia posterior desta vila. A data nunca poderá ser esquecida, as distintas corporacións honraron aquela xesta con monumentos que testemuñan o agradecemento dos baioneses polos tripulantes das carabelas e hoxe ao redor de 60 escolares percorreron a ruta pinzoniana. “Desde a Concellería de Educación do Concello pensouse nesta actividade para os máis peques do municipio co fin de que os nenos/as coñezan nosa ilustre historia“, sinalou Beatriz Gonzáles.

Os escolares visitaron os seguintes monumentos:

Réplica dá a Carabela Pinta
Construíuse en 1993, con motivo da celebración do V Centenario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona. Na actualidade alberga un pequeno museo colombino onde podemos atopar elementos, tanto da cultura cristiá como da indíxena.

Azulexo dá Arribada
Este mural reflicte as rutas tomadas por Pinzón e Colón, coas carabelas “Pinta” e “Niña”, respectivamente, ao seu regreso do descubrimento do Novo Mundo. A obra foi inaugurada en 1963.

Pozo da Augada
Segundo a tradición, serviu para abastecer de auga á Carabela Pinta, antes de partir de Baiona a paus, o día 11 de marzo de 1493. Os tripulantes encheron, a man, os toneles que serviron para consumo da tripulación durante a travesía.

Monumento ao encontro entre dous mundos

Erixido ao pé da muralla de Monte Boi moi próximo ao lugar onde foi enterrado o primeiro nativo americano morto no Vello Continente. Foi inaugurado o 1 de marzo de 1993 por S.A.R. Don Felipe de Borbón, para conmemorar o V Centenario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona. É obra do escultor Magín Picallo.

Estatua de Pinzón
Está emprazada no paseo de Pinzón e é un obsequio do poboo irmán de Palos de la Frontera (Huelva). A obra é unha escultura que representa ao gran capitán da carabela Pinta, artífice do Descubrimento, e foi inaugurada en 1977. É obra do escultor A. León Ortega.

Os pequenos, tamén visitaron o casco antigo de Baiona e viron como loce de Bonita a Real Vila horas antes de dar o pistoletazo de saída á súa festa por excelencia.

- Publicidade -spot_img