spot_img
InicioO MorrazoMoañaAvanzan as negociacións cara a construción do novo centro de saúde en...

Avanzan as negociacións cara a construción do novo centro de saúde en Moaña

Avanzan as negociacións cara a construción do novo centro de saúde en MoañaO conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos Paz, reuníronse hoxe no Edificio Administrativo do Sergas en San Lázaro, co obxectivo de seguir avanzando no estudo das necesidades para a construción do novo centro de saúde deste municipio.

Trala xuntanza, que se desenvolveu nun clima de colaboración e cordialidade entre os reprensentantes de ambas administracións, o departamento sanitario autonómico enviará ao concello, nos próximos días, a redacción do novo convenio que permitirá conformar un acordo en breve.

Logo da reunión de hoxe, en próximos días o Sergas enviará ao concello a redacción do novo convenio de colaboración entre ambas administracións

A dotación do novo centro de saúde está enmarcada no Plan de necesidades de Atención Primaria de Cangas-Moaña, cunha visión supramunicipal e que permitirá que os municipios desta zona dispoñan de maiores coberturas e servizos. Este plan, que conta cun investimento de 11,2 millóns, beneficiará a máis de 45.000 habitantes e ampliará os servizos tanto en horario como en prestacións. O devandito plan contempla, ademais do centro de saúde de Moaña, a construción do Centro Integral de Saúde Cangas-Moaña, e actuacións de mantemento e mellora en dispositivos existentes como os de Aldán, Hío e Domaio.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.