Inicio Val Miñor Nigrán Escolares de Nigrán plantan 30 abetos recollidos na primeira campaña municipal de...

Escolares de Nigrán plantan 30 abetos recollidos na primeira campaña municipal de Nadal para a súa reutilización

Escolares de Nigrán plantan 30 abetos recollidos na primeira campaña municipal de Nadal para a súa reutilizaciónO Concello de Nigrán realizou este mediodía no parque público de Poutón (Vilariño) a plantación de 30 abetos reunidos na primeira campaña municipal de recollida de árbores de Nadal co obxectivo de promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza.

Cen escolares de tódolos colexios de primaria do municipio e usuarios do Juan María, co apoio do persoal das concesionarias Brocoli, Cespa e Aqualia e dos viveiros de Nigrán Figuerago e Casaplanta, fixeron realidade este ‘Bosque de Nadal’, unha iniciativa pioneira e que se repetirá ano a ano.

Os exemplares foron plantados esta mediodía polos nenos no parque público de Poutón (Vilariño) grazas á colaboración das concesionaria Brocoli, Cespa e Aqualia e aos viveiros Figueragro e Casaplanta

Escolares de Nigrán plantan 30 abetos recollidos na primeira campaña municipal de Nadal para a súa reutilizaciónBaixo este criterio sostible, o Concello implicou aos colexios públicos como punto de recollida dos exemplares entre os días 8 e 10 de xaneiro. Na campaña colaboraron desinteresadamente as concesionarias CESPA trasladando os exemplares, Brocoli (adxudicataria da conservación e reposición de zonas verdes) na plantación e poda e Aqualia no rego empregando só auga dos tanques de tormenta de Porto do Molle, o que permite a súa reutilización. Deste xeito, o Concello desenvolve unha iniciativa de economía circular contemplada na Axenda 2030 para acadar os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a través das alianzas.

“Trátase dunha campaña do Concello de Nigrán na que tamén implicamos a empresas e cidadanía en xeral porque o obxectivo non é só crear un bosque, ímos máis alá, buscamos a concienciación ambiental, difundir a reutilización e, en definitiva, a sostibilidade”, defende o alcalde, Juan González, quen preside o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que, entre outras cuestións, promove intensamente na política local a Axenda 2030.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies