Inicio Vigo e área Vigo Avance na tramitación do proxecto sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar na...

Avance na tramitación do proxecto sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar na ETEA

zona-franca-da-o-visto-e-prace-a-un-acordo-con-xunta-e-universidade-para-desenvolver-na-etea-o-campus-da-cidade-do-marO Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución polo que se somete a información pública, por un período dun mes, o Proxecto Sectorial PS-2, en desenvolvemento do Plan Sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar na ETEA

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza un novo paso na tramitación do Proxecto Sectorial (PS-2) da Área Científica Tecnolóxica da ETEA en Vigo, que inicia o período de información pública.

O Plan Sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA contempla o seu desenvolvemento a través de varios proxectos sectoriais, entre os que se atopa o PS-2, que hoxe –coa publicación no Diario Oficial de Galicia da súa Resolución e tras rematar a tramitación ambiental- comeza a súa información pública por un período dun mes. Paralelamente, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo dará audiencia ao Concello de Vigo e solicitará os informes sectoriais perceptivos.

Cómpre lembrar que o PS-2 está promovido pola Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a maior institución pública dedicada á investigación de España e abarca os edificios Hertz, Luís Jener, Aulas e Exposicións, Ampere, Vivenda do Axudante Maior, Churruca, Gauss e Kelvin. En todo caso, tamén se terá en conta o mantemento do valor patrimonial e ambiental do conxunto edificatorio, incidindo nas fachadas que dan fronte á vía e á fronte marítima.

Así, este ámbito de máis de 16.000 m² -que en tempos pasados acolleu a antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada (ETEA), instalarase a nova sede do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM– CSIC), que se atopa situado actualmente no barrio de Bouzas, e a Unidade Tecnolóxica Mariña, situada no Berbés.

Apóstase por unha integración paisaxística do ámbito, modulando as alturas das edificacións e a súa relación volumétrica, para mellorar tanto a visión local como a de conxunto dende o mar, poñendo en valor a fronte costeira de Vigo no tramo da ETEA. O proxecto tamén establece unha mellora da rede de saneamento existente, que na actualidade é de tipo unitaria e pasará a ser de tipo separativa mellorando os servizos da zona.

Mellorar a conexión e a mobilidade

Este proxecto xerará unha inercia que empuxe a outras institucións investigadoras a dar o paso para instalarse na ETEA e, consecuentemente, consolidar en Vigo un campus de investigación mariña de referencia internacional.

Neste sentido, unha das cuestións ás que se da resposta neste proxecto é mellora da conexión do ámbito do PS-2 coa contorna. Na actualidade, hai un camiño de terra invadido pola vexetación, que se pretende recuperar e urbanizar para conectar con viais para vehículos de motor o ámbito co vial principal.

En relación coa mobilidade peonil, conservaranse varias conexións na actuación; ao tempo que se intentará favorecer dando continuidade aos recorridos exteriores complementarios como o Sendeiro azul da senda litoral e o do Monte da Guía de Teis.

En definitiva, a implantación do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA é unha oportunidade para Vigo e en particular, para o barrio de Teis, non só para converterse nun referente no que a investigación mariña se refire; senón tamén para converterse nun exemplo de rexeneración urbana, ao reverter o estado de illamento ao que estaba sometida esta parte da cidade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies