Inicio Galicia Augas de Galicia incrementará un 10% o seu orzamento en 2020 para...

Augas de Galicia incrementará un 10% o seu orzamento en 2020 para investir en calidade de vida

Augas de Galicia incrementará un 10% o seu orzamento en 2020 para investir en calidade de vida
EDAR-Baiona

A auga recubre o 71% da superficie terrestre; porcentaxe que se asemella a súa presencia no corpo humano, que varía entre un 55 e un 78%. Sen ela non sería posible a vida na Terra, polo que, investir en auga é investir en vida. Sabedores disto, e para dar cumprimento á normativa europea, o goberno galego destinou una boa cantidade de recursos  a mellorar o saneamento e o abastecemento da auga nas últimas décadas. As cifras falan por si soas: a Xunta investiu máis de 1.100 millóns de euros en obras hidráulicas, investimento que permitiu executar 350 actuacións de saneamento en beneficio de 165 concellos. Para continuar apostando pola calidades deste recurso vital, o orzamento de Augas de Galicia medrará en un 10% o próximo ano.

E, tan importante é o abastecemento e saneamento, como a depuración das augas residuais. Fai tinta años apenas había en Galicia cinco depuradoras activas e o resto das augas residuais vertíanse directamente ou cun simple pretratamento orixinando graves problemas de contaminación. Hoxe temos corenta e cinco novas depuradoras con capacidades para dar servizo a 1,5 millóns de galegos e galegas, máis da metade da poboación de Galicia.

O mantemento destas instalacións tamén centra a política do goberno galego en materia de benestar ambiental. Por iso, a xunta realiza labores de vixilancia, inspección e asesoramento das Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) que lle son entregadas ós concellos. Grazas a un Plan de Control de Vertidos, corrixíronse máis de medio milleiro de fluídos contaminantes ó dominio público marítimo-terrestre; un factor que inflúe na calidade ambiental e na produción económica, pois a auga é un recurso esencial do que dependen actividades como a pesca, o marisqueo a acuicultura ou o turismo.

Augas de Galicia incrementará un 10% o seu orzamento en 2020 para investir en calidade de vida
EDAR-Nigrán

Para seguir camiñando nesta liña e lograr o saneamento integral das rías e dos ríos galegos, Augas de Galicia disporá en 2020 dun orzamento que medará un 10%, sumando máis de 100 millóns de euros para reforzar o apoio aos concellos nas súas competencias de saneamento e abastecemento e así continuar enriquecendo a calidade das augas galegas que, dende o ano 2009 mellorou en case dez puntos porcentuais.

Con todo, despois de dez años de traballo, a Xunta ten claro que a execución de infraestruturas hidráulicas non abonda. É necesario garantir o seu correcto funcionamento axudando aos pequenos concellos na súa xestión. Para alcanzar este obxectivo, o goberno galego impulsará una sociedade pública que, seguindo o modelo de Sogama para os residuos, preste apoio ós municipios no ciclo integral da auga. Nesta sociedade participarán a Xunta, os Concellos e as Deputacións Provinciais (estas últimas deberán coordinar os concellos de menos de 20.000 habitantes). A sociedade pública que propón a Xunta busca: abaratar custos, garantir a calidade das prestacións e mellorar servizos hidráulicos para, en consecuencia, mellorar tamén en calidade de vida.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies