spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoAuditorio Municipal Xosé Pazos Varela de Cangas do Morrazo acolle a IX...

Auditorio Municipal Xosé Pazos Varela de Cangas do Morrazo acolle a IX Gala Benéfica Contra o Cancro – Festival de Música e Baile

auditorio-municipal-xose-pazos-varela-de-cangas-do-morrazo-acolle-a-ix-gala-benefica-contra-o-cancro-festival-de-musica-e-baile

 

O pasado mércores presentouse no Salón de Plenos do Concello de Cangas do Morrazo a IX Gala Benéfica Contra o Cancro- Festival de Música e Baile

Revista Cousas De Nº22

Organizada pola sede local da Asociación Española Contra o Cáncer, o vindeiro venres 20 de setembro, o Auditorio Municipal Xosé Pazos Varela, acollerá ás 20.00 hrs., a IX Gala Benéfica Contra o Cancro – Festival de Música e Baile

A cita será presentada por Lina e Jaime e contará coas actuacións de: Grupo de teatro Furafollas, Banda de Música Bellas Artes de Cangas, David Gaiteiro, Grupo de teatro Charaviscas, Grupo de danza Pais de San Roque e Boombox Studio.

O prezo da entrada é de 5€ ENTRADAS: no teléfono 683669914, no Centro Social de Cangas, 2ª planta, de 11:00 a 13:00hrs. ou no auditorio no mesmo día.

Na presentación estiveron: O presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Cangas, Raúl Cerna, xunto á alcaldesa do Concello de Cangas do Morrazo , Araceli Gestido e a concelleira de Cultura da localidade, Aurora Prieto.

Esta Gala ten como obxectivo recadar fondos para que a asociación poida continuar apoiando investigacións contra o cancro e ofrecendo servizos de apoio gratuítos a pacientes oncolóxicos e ás súas familias.

Durante a súa intervención Raúl aproveito para lembrar que a gala solidaria conta co patrocinio dos concellos de Cangas e Moaña, Deputación de Pontevedra e coa colaboración de numerosos comercios e empresas da comarca do Morrazo, que se envorcan para apoiar esta iniciativa de carácter benéfico. Tamén destacou a cantidade de servizos que se prestan, os cales puden ser solicitados sen ser socio. Servizos como: Atención Psicolóxica, Orientación Laboral, Fisioterapia Oncolóxica. “Todo custa diñeiro que sae fundamentalmente dos socios, que achegan o 80 %” subliña Raúl Cerna

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O presidente e a Asociación Contra o Cancro de Cangas, aproveitou tamén para facer chegar á sociedade, que aínda que é importante a achega como socio, o é tamén o labor do voluntariado, e fixo un chamamento “necesitamos voluntarios para poder atender, sobre todo á xente maior”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.