Inicio Pontevedra As universidades de Vigo, Porto e UTAD asinan un convenio de colaboración...

As universidades de Vigo, Porto e UTAD asinan un convenio de colaboración para organizar conxuntamente tres feiras de emprego

Asinaron un convenio que comprende unha versión virtual en maio e dúas presenciais en novembro

A Feira Internacional de Emprego tivo a súa primeira edición en 2015 na Universidade de Porto. Dado o éxito colleitado en 2016, esta iniciativa estenderase a Galicia e nela implicaranse as universidades de Porto, Vigo e Trás-os-Montes e Alto Douro. As tres institucións asinaron este xoves un convenio de colaboración que permitirá poñer en marcha dúas feiras presenciais en novembro en Porto (días 2 e 3) e Vigo (días 8 e 9) outra de carácter virtual, que terá lugar a finais deste mes de maio e para a que xa está aberta a inscrición para empresas.No acto de sinatura, Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo , destacou que este tipo de eventos permiten que “os nosos estudantes se sintan acompañados, atendidos e axudados” no inicio da súa carreira profesional. Trátase, por unha banda, de axudar ao alumnado a “sacarlle o maior rendemento ás capacidades que adquiriron na universidade”, mentres que por outra, “queremos que as miles de empresas que xa colaboran coas nosos universidades descubran o talento dos nosos estudantes e teñan unha forma sinxela de atopar profesionais válidos moi preto deles”. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Porto, Sebastião Feyo de Azevedo, remarcou que prestar este tipo de servizos forma parte “da nosa obriga de institución pública”, que vai máis aló da docencia e se traduce nunha aproximación ao tecido social. Neste sentido destacou a obrigas das universidades, “sobre todo nos días de crise que vivimos tanto en España como en Portugal”, de axudar ao estudantado a atopar “aquilo ao que teñen dereito, un traballo digno e de calidade para seren útiles á sociedade”. Artur Fernando Arede Correia Cristovão, vicerreitor para o Planeamento, Estratégia e Organização da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro destacou que o acordo para realizar de xeito conxunto estas feiras permitirá tamén intercambiar experiencias e mellorar as prácticas das tres institucións no eido da empregabilidade.
Un escaparate para 61.000 estudantes e 100.000 tituladosA internacionalización deste evento achégalle un carácter innovador, reforzando a conexión existente entre o norte de Portugal e Galicia, ademais de poñer aos principais empresarios portugueses, españois e internacionais en contacto directo con máis de 61.000 estudantes universitarios e máis de 110.000 titulados das tres institucións. Así mesmo, os eventos están abertos á participación de todas aquelas persoas que se atopen no mercado laboral das máis variadas áreas de formación. Ademais de contactar cos estudantes e titulados, os empresarios tamén terán a posibilidades de crear novos contactos e de divulgar as súas políticas empresariais e de formación grazas á súa presenza nas tres feiras.
Feira Virtual de Emprego

A Feira Virtual de Emprego desenvolverase do 30 de maio ao 3 de xuño. En colaboración coa Rede EURES será unha plataforma innovadora e interactiva na que as entidades empresariais poderán procurar persoal do mesmo xeito que nunha feira de emprego tradicional, aproveitando todas as vantaxes que ofrece un evento virtual, vinculado a todos os sectores da actividade empresarial e do ámbito internacional. Deste xeito, as empresas poderán presentar as súas organizacións aos estudantes e titulados de todo o mundo a través de varios vídeos e dun servizo de chat, co obxectivo de conectar a varias persoas mediante conversacións escritas e de audio. Deste xeito, os estudantes, titulados e empresas terán as ferramentas ideais para discutir sobre as oportunidades de emprego, eliminado barreiras xeográficas e dando a posibilidade tanto aos solicitantes de emprego ou prácticas como aos empresarios de relacionarse sen importar a súa localización.

Ademais, os estudantes que participen neste evento poderán contactar con empresas de varios países, efectuar a súa candidatura a varias ofertas de emprego e de prácticas ao longo dunha semana, asistir en directo ás presentacións de temas relacionados con emprego e as profesións, charlas motivacionais e seminarios sobre competencias de xestión e de desenvolvemento persoal, programas e oportunidades de emprego e de prácticas nacionais e internacionais, sesións sobre emprendemento e dispor da posibilidade de ser entrevistados para unha posible oferta de emprego. Ademais poderán asistir presencialmente nos días 30 e 31 de maio a algunhas das sesións que se van celebrar nos campus sobre temas máis xerais relacionados coa procura de emprego en Europa (mediante a Rede EURES), as posibilidades de emprego científico para investigadores ou como crear un perfil Linkdln.
Feiras presenciais en novembro

As feiras presenciais de Porto (2 e 3 de novembro en Exponor) e Vigo (8 e 9 de novembro no Ifevi) posibilitarán que as organizacións e empresas contacten persoalmente con posibles candidatos, sobre todo portugueses e españois, durante os días nos que se espera unha grande afluencia. Tamén posibilitarán que as empresas promovan e divulguen a súa marca e que se posicionen no mercado laboral como entidade a ter en conta por posibles candidatos cando comecen a busca de traballo. Nas feiras, as empresas e organizacións poderán divulgar as súas ofertas de emprego de forma inmediata, promover procesos de selección a medio e longo prazo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies