spot_img
InicioBaixo MiñoAs Rutas de Natureza polo concello de Tui proseguen este domingo cun...

As Rutas de Natureza polo concello de Tui proseguen este domingo cun roteiro pola senda do río Tripes

Xornada de Portas Abertas nos muíños do Tripes, unha oportunidade para coñecer este conxunto etnográfico de gran valorEste domingo, 16 de xuño, proseguen as Rutas de Natureza organizadas polo Concello de Tui cun roteiro pola senda dos muíños do Tripes. O punto de partida será a área recreativa de Circos, en Pazos de Reis, ás 10 h.

Revista Cousas de nº21

Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio, guiará este percorrido circular de 5 quilómetros e dificultade baixa. As persoas asistentes poderán percorrer esta  contorna natural do río Tripes e visitar os muíños do Tripes, un conxunto de muíños hidráulicos de gran valor patrimonial. Algúns deles estará en funcionamento, e está prevista unha degustación de papas de millo.

Para participar na ruta é necesario inscribirse previamente na Oficina de Turismo de Tui, en turismo@tui.gal  ou no teléfono 677 41 84 05.

Estas son as trece rutas que percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

Con este percorrido pola Senda dos Muíños do Tripes proseguen as rutas iniciadas o pasado mes de maio, e que están a contar con gran acollida. As seguintes citas serán o Roteiro urbano polos xardíns ocultos da cidade o domingo 23, e a Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño prevista para o domingo 30. A inscrición pode realizarse tamén na Oficina de Turismo.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Data: Domingo 16 de xuño

Hora: 10.00 h

Lugar de saída: Área Recreativa de Circos

Distancia: 5 quilómetros

Dificultade: Baixa

Duración: 3 horas

Inscricións: Oficina de Turismo de Tui, turismo@tui.gal, ou teléfono 677 41 84 05

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.