spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán concede licencia a Patrimonio para executar obras de reparación no Templo...

Nigrán concede licencia a Patrimonio para executar obras de reparación no Templo Votivo de Panxón

Templo-Votivo-Mar-Panxón-Nigrán-collage-arquitectónicoO proxecto, de preto de 300.000 €, constitúe só unha primeira fase de actuación destinada a establecer as pautas que guiarían unha futura restauración completa

Revista Cousas de nº21

O Concello de Nigrán ven de outogar licencia á Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura para restaurar o Templo Votivo do Mar, en Panxón. A que é unha das obras cumes do arquitecto porriñés Antonio Palacios, considerado o gran mestre do rexionalismo, presenta desde hai décadas desprendementos nas vidrieiras provocados polo agretamento do encintado en todas as fachadas, ao punto de que o rosetón principal está forrado interiormente con mallas para evitar posibles percances e un dos anxos que coroa a torre indicando os puntos cardenais xa perdeu o rostro, ademais de presentar filtracións de auga. Todas estas deficiencias foran denunciadas polo Concello de Nigrán e o grupo parlamentario socialista reiteradamente durante anos sen resposta ata a semana pasada, cando a Xunta ao fin anunciou a licitación das ansiadas obras de reparación.

“O Concello outorgou a licencia áxilmente tendo en conta a gravidade do estado do Templo Votivo, unha situación que denunciados desde hai anos e que urxía acometer para evitar danos maiores”, considera o alcalde, Juan González, quen incide en que non se trata dun proxecto que comprenda unha reparación completa. Así, o investimento de preto de 300.000 € se entende literalmente como “a primeira fase de actuación, destinada a establecer as pautas que guiarán a restauración completa do edificio”, engadindo o propio documento que “é importante destacar que non se trata dunha intervención global con capacidade de abordar todas as problemáticas presentes no Templo Votivo”.

Así, esta primeira fase deseñada sobre o informe de 2023 do estado de lesións da edificación elaborado por Rodriguez+Pinos Arquitectos contempla o saneado, limpeza e substitución do rexuntado da fachada principal e da Torre do Campanario e a reposición ou restauración de todas as carpiterías da devandita torre, asi como a restauración do balcón do coro e a intervención piloto sobre outras tres carpinterías. Non se inclúen todavía intervencións recollidas no informe de lesións como a reparación da cuberta e das estruturas de formigón dañadas pola corrosión do aceiro, as obras destinadas a recuperar a impermeabilidade dos muros de fábrica ou a incorporación de ventilación.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

“É importante recalcar que estas obras non completan a actuación de restauración, é imprescindible que a Xunta realice unha segunda fase que interveña nos problemas de pingueiras e humidade da cuberta e na propia estrutura”, insiste o rexedor. “Temos a sorte de contar en Nigrán cunha das obras máis fermosas da arquitectura do século XX en Galicia e debe ser coidada como tal, é un dos bens patrimoniais máis icónicos do municipio e mesmo de Galicia e, paradoxicamente, é o que está máis en perigo”, lamenta González, quen avanza que desde o Concello existe un proxecto para por en valor, precisamente, toda a súa contorna, comprendendo tamén ao arco visigótico. “Estamos en conversas co Obispado para que nos ceda estes terreos e asumir nos o investimento”, explica.

Templo Votivo do Mar

Probablemente á obra cume de arquitectura relixiosa do galego Antonio Palacios (1874-1945), considerado un dos grandes mestres do rexionalismo e con obras recoñecidas internacionalmente como o Palacio das Comunicacións de Madrid ou o Círculo de Belas Artes. Palacios inspirouse no veciño arco visigótico que formaba parte da antiga igrexa de San Juan (e que el mesmo librou da demolición polo seu gran valor histórico) iniciando a construción do Templo Votivo do Mar dedicado á Virxe do Carmen en 1932 e finalizándoo en 1937. O seu estilo é complexo de definir, xa que recolle elementos de moi diversas procedencias, emprega a pedra espida dentro dunha tipoloxía rexionalista e destacan marcados trazos góticos e mesmo islámicos se observamos a trazaría interior da cúpula con policromía de inspiración bizantina e decoración neomudéxar (o construtor nigranés José Mogimes seguiu os seus deseños para, xunto aos mozos de Panxón, configurar os espectaculares mosaicos de azulexo que cobren as bóvedas do templo e que representan diferentes escenas: a Anunciación da Virxe, a Coroación, a Virxe do Carmen).

- Publicidade -spot_img