spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoAs Rondallas de Pontellas e Santa Eulalia de Atios Premio Antonio Palacios...

As Rondallas de Pontellas e Santa Eulalia de Atios Premio Antonio Palacios ao Social

as-rondallas-de-pontellas-e-santa-eulalia-de-atios-premio-antonio-palacios-ao-socialA Rondalla de Pontellas e a Rodalla Santa Eulalia de Atios recolleron os seus galardóns durante os actos da celebración do centenario da Casa Consistorial do Porriño, o pasado sábado 15 de xuño

Revista Cousas de nº21

Este premio rende homenaxe a estas agrupacións pola súa labor de socialización, incentivando a convivencia entre os veciños e veciñas de todas as idades nas súas, que se xuntan para facer música e preparar pasarúas, festexar e contaxiar o seu ritmo e a súa ledicia a todos os presentes. As rondallas fan un enorme labor de dinamización social no rural.

20 anos da Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas

No ano 2003 algúns veciños de Pontellas deciden retomar a rondalla que recordaban na súa infancia, que por diversos motivos deixara de existir moitos anos atrás. Comezaron de cero, e hoxe en día componse de máis de 90 persoas, entre rondalleiros, músicos de melodías e abandeirados.

Tratábase dunha iniciativa moi familiar e refléxase nos compoñentes, de idades dispares, e incluso con personas de tres xeracións dunha mesma familia.

Foron dos primeiros en incorporar pezas actuais ao seu repertorio, combinando as muiñeiras e cancións tradicionais, con éxitos de Guns N’ Roses, Nino Bravo, Bon Jovi ou As Ketchup.

as-rondallas-de-pontellas-e-santa-eulalia-de-atios-premio-antonio-palacios-ao-social

Esta temporada 23-24 a Rondalla de Pontellas cumpríu 20 anos, nos que conseguiron, ademais de divertirse, gañar en moitas ocasións o Certame de Rondallas do IFEVI .

O seu director, Serafín Rodríguez Rodríguez, confesa que “o máis difícil é atopar o equilibrio entre todos os compoñentes, de distintas edades e capacidades rítmicas e musicais”. “Todo o mundo é benvido. O importante é disfrutar e pasalo ben, que esto é un hobby”.

 

A Rondalla Santa Eulalia de Atios celebrará o seu centenario a próxima temporada

O día de Reis do ano 1925 é a data máis antiga que se recorda da primeira xuntanza e actuación da Rondalla Santa Eulalia de Atios. Algúns habitantes da parroquia desfilaban polas rúas cos seus instrumentos, e contrataban músicos da zona, incluso de Goián ou A Guarda. Festexaban con música tradicional o día de Reis, e acababan a celebración ás portas da igrexa.

Durante este preto de cen anos, a Rondalla faltou en contadas ocasións aos festexos do día de Reis, sempre por causas de forza maior, como a guerra ou, máis recentemente, a pandemia. Hoxe en día conta cuns 90 compoñentes de tódalas edades, nalgúns casos familias enteiras que seguen a tradición e a transmiten aos cativos e cativas da casa.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

No 2018, a antigua directiva con máis de vinte anos ao frente da agrupación, decidiu deixar paso a unha nova xeración, participantes da Rondalla desde ben pequenos, que tomaron as rendas. Coa directiva renovada, chegou tamén a renovación da imaxe, con nova vestimenta, e de repertorio. Ás populares pezas de música tradicional, como as muiñeiras ou as xotas, sumáronse cancións máis modernas e actuais, como o merengue de Manuel Turizo, entre outras.

O pasado xaneiro, a Rondalla de Atios proclamouse campeona no Concurso de Rondallas 2024 e tamén na categoría de Abanderados. Un recoñecemento ao que esta semana suma o I Premio Palacios ao Social, compartido coa veciña Rondalla da Asociación Cultural de Pontellas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.