spot_img
InicioVigo e áreaVigo30 anos do Xabarín Club, o clube da galega, por fuciños... por...

30 anos do Xabarín Club, o clube da galega, por fuciños… por cacheiras

30-anos-do-xabarin-club-o-clube-da-galega-por-fucinos-por-cacheirasA Biblioteca Central da Universidade de Vigo acolle unha exposición sobre o programa coincidindo co aniversario

Revista Cousas de nº21

Ás 18.00 horas do 18 de abril de 1994 a TVG emitía por primeira vez o Xabarín Club. 30 anos despois, o programa tense convertido nunha referencia en moitos eidos, como o da dobraxe, o da musica ou o da normalización lingüística pero, sobre todo, marcou fondamente cun sentimento de pertenza a toda unha xeración, a dos que foron nenas e nenos na década de 1990. Para poñer en valor todos estes fitos, a Biblioteca Central do campus de Vigo acolle unha mostra que repasa as series, os debuxos, as cancións, etc. que están no imaxinario colectivo.

Repartida por varios espazos do edificio, a mostra parte do traballo fin de grao de Sol Vilas, titulado A xeración Xabarín e a normalización da lingua galega, no que puido comprobar o influxo deste programa na maduración lingüística do público nado entre os anos 1980 e 2000. De feito, a súa investigación amosa que a xeración que medrou co Xabarín ten unha maior competencia en lingua galega e, sobre todo, unha concienciación lingüística moito máis alta.

De Son Goku a Arale con banda sonora galega

A exposición comeza lembrando que o programa naceu como un encargo para crear “un contedor de contidos infantís para as tardes” con series de animación unidas a través dun “club social”. Cun xabarín como protagonista, a sintonía foille encargada a Julián Hernández, de Siniestro Total, e a letra a Manolo Romón. Pouco a pouco, a medida que se asentaba o programa tamén foi crecendo a súa banda sonora, outro fenómeno da época, ao converterse nun escaparate non só para grupos galegos, senón tamén para bandas portuguesas ou angolanas. Foron máis de 100 cancións que foron editadas en A cantar con Xabarín, en 5 discos recompilatorios. A grande acollida da música derivou tamén nas Xabaxiras, espectáculos musicais que percorreron toda Galicia.

30-anos-do-xabarin-club-o-clube-da-galega-por-fucinos-por-cacheiras

A mostra tamén fai referencia ao club do Xabarín e ao desexado carné que os nenos e nenas galegos desa época solicitaban con ilusión. A comunidade medrou en poucos anos ata acadar os 100.000 socios e socias, chegando a estar presente en todos e cada un dos concellos de Galicia e mesmo nalgunhas vilas do norte de Portugal onde se sintonizaba a TVG. Algúns das tarxetas de felicitación que recibían as e os nenos polo seu aniversario pódense ver nesta exposición.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Outra parte da exposición pon o foco na importancia que tivo o Xabarín para a chegada a Galicia das series de animación xaponesas máis rompedoras, como as de Akira Toriyama, creador de Son Goku, Doraemon ou Arale, e con elas, a relevancia que acadou a tradución audiovisual e a dobraxe a lingua galega.

Recunchos do Xabarín

As persoas que visiten a exposición, dispoñible ata o 27 deste mes de xuño no horario de apertura da Biblioteca Central, percorrerán as series que formaron parte do Xabarín e tamén poderán ver imaxes dos vídeos e letras dalgunhas das cancións máis famosas que se podían escoitar no programa. Baixo a escaleira recreouse unha sala de televisión, con referencias por exemplo ás merendas daquela época. Ademais, tamén hai unha exposición bibliográfica con cómics e novelas gráficas, de autores galegos ou ben traducidas ao galego, preto de 70 libros que poden levarse en préstamo. Nela hai unha pequena selección de novelas gráficas de tres autores: Miguelanxo Prado, deseñador do Xabarín; Marjane Satrapi, escritora iraniana que ven de gañar o Premio Princesa de Asturias de comunicación e humanidades 2024; e, por último, Paul Auster, recentemente falecido e un dos grandes novelistas contemporáneos.

- Publicidade -spot_img