spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAs Rías Baixas acollen unha nova edición da Superliga Galicia de Futevolei

As Rías Baixas acollen unha nova edición da Superliga Galicia de Futevolei

As Rías Baixas acollen unha nova edición da Superliga Galicia de Futevolei No acto de presentación da nova edición da Superliga Galicia de Futevolei, participaron a tenente de alcalde da Guarda, Montse Magallanes, o concelleiro de deportes de Nigrán, José Luis Sanromán, o presidente do Club Futevolei Vigo, Germán Martínez e patrocinadores da liga.

Nesta edición, que iniciarase o 27 de xuño, a novidade principal é a incorporación das novas instalacións de fútbol praia do Concello da Guarda. Así mesmo, o Concello de Nigrán celebrará a fase final do campionato autonómico durante tres días na praia de Panxón, que incluirá partidos nocturnos.

Así, o campionato desenrolarase en catro etapas. A primeira delas, na praia de Samil o próximo 27 de xuño, celebrándose o segundo campionato puntuable nas novas instalacións do Codesal da Guarda na fin de semana do 11 de xullo. O terceiro campionato puntuable xogarase o domingo 18 de xullo nunha das praias do Salnés.

A superfinal xogarase en Nigrán nun espectacular evento os días 27, 28 e 29 de agosto, no que encontraranse os mellores xogadores que loitarán por obter o título de campión galego

A liga xogase cun formato de ranking dividido en dúas categorías: primeira e segunda división. As parellas participantes puntuarán nos tres primeiros campionatos, tratando de clasificarse para a superfinal de Nigrán que se celebrará nun espectacular evento os días 27, 28 e 29 de agosto. Alí encontraranse os mellores xogadores que loitarán por obter o título de campión galego

Tamén no acto, o presidente do Club Deportivo Futevolei Vigo, Germán Martínez, fixo referencia ás dificultades para a práctica do deporte que se teñen sufrido no último ano e á mensaxe que o club quere transmitir de vida saudable e deporte, desfrutando dos espectaculares paisaxes, gastronomía e areais das Rías Baixas, o Baixo Miño e de toda a costa galega en xeral. “Trala cancelación da edición 2020 debido á pandemia e grazas ao apoio de todos, saímos reforzados e agardamos récord de participantes nesta edición con xogadores de toda Galicia, doutras comunidades e incluso do norte de Portugal” engadiu o directivo, que destacou o comportamento exemplar de xogadores e patrocinadores fronte á situación da pandemia e que apostan por un deporte que cada ano crece máis nas praias galegas.

As inscrición continúan abertas para quen desexe participar en algún dos campionatos na web do club www.futevoleivigo.com e contactando a través das súas redes sociais para máis información.

- Publicidade -spot_img