spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAs pernoctacións de peregrinos do Camiño Portugués da Costa ao seu paso...

As pernoctacións de peregrinos do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda superan no 2017 o 40% respecto ao ano anterior

as-pernoctacions-peregrinos-do-camino-portugues-da-costa-ao-seu-paso-pola-guarda-superan-40-no-2017-respecto-ao-ano-anteriorA Guarda gaña peso no Camiño Portugués da Costa con 2.439 peregrinos no albergue durante 2017

O Camiño Portugués da Costa non deixa de crecer en número de peregrinos e, como ven sendo habitual, os datos rexistrados na Guarda dan conta deste incremento en 2017. Durante o pasado ano, un total de 2.439 peregrinos pasaron a noite no albergue guardés, o que supón unha suba do 40% con respecto a 2016, e o triplo se o comparamos co ano 2015.

En canto a súa procedencia, a meirande parte dos visitantes chegan dende o estranxeiro. Portuguesa, alemá e polaca son as nacionalidades máis habituais entre os peregrinos que visitan A Guarda, aínda que tamén contamos con visitantes procedentes de países tan afastados como Corea, Vietman, China, Canadá ou Estados Unidos. De entre eles, moitos continúan o seu camiño cara O Rosal e Oia tras cruzar o río Miño, namentres outros escollen o albergue guardés ou algúns dos establecementos hoteleiros da vila para pasar a noite.

Agárdase que esta tendencia ascendente da popularidade do Camiño Portugués da Costa se manteña durante o presente o ano. Conta disto da a visita dos 155 peregrinos  procedentes do norte portugués que o pasado sábado, 13 de xaneiro, realizaron a etapa dende Caminha ata Mougas (Oia) e foron recibidos polo alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Patrimonio e Deporte, Xavier Crespo, ao seu paso pola vila guardesa.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.