spot_img
InicioPontevedra e ÁreaAs Oficinas de Turismo Rías Baixas renovan a 'Q' de calidade

As Oficinas de Turismo Rías Baixas renovan a ‘Q’ de calidade

aprobado-plan-estratexico-turismo-2020-pontevedra-converter-provincia-nun-destino-sostible-excelente-e-innovadorAs oficinas de turismo do Palacete das Mendoza, en Pontevedra, e do Mosteiro de Armenteira, en Meis, recibiron o distintivo Q de Calidade Turística, durante a gala de premios que se celebrou na noite do 21 de xaneiro no marco da feira FITUR, e á que asistiu o deputado provincial de Turismo, Santos Héctor. A distinción, que se logrou por primeira vez o ano pasado, supón un recoñecemento á calidade dos servizos prestados por Turismo Rías Baixas.

O presidente do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), Miguel Mirones Díez, fixo entrega en Madrid dos Premios Q 2015, que recoñecen anualmente aquelas empresas e institucións que apostan pola calidade turística. Entre as entidades recoñecidas, atópanse as dúas oficinas de información turística de Turismo Rías Baixas, ubicadas en Pontevedra e en Meis.

Os puntos de información de Turismo Rías Baixas recibiron por primeira vez a Q de Calidade no ano 2015, de xeito que se converteron nas primeiras oficinas turísticas de Galicia en alcanzar a distinción. Para lograrlo, superaron unha estrita auditoría que valorou a calidade das instalacións, o servizo de atención e de acollida ao turista e a continua mellora dos medios técnicos e humanos.

Tres historias con final feliz de tres cans do Centro da ArmenteiraA xestión das oficinas de Turismo Rías Baixas contan cun Manual de Calidade que especifica os procedementos que han de seguir as súas oficinas para prestar un servizo que satisfaga as necesidades dos visitantes. Ademais de proporcionar información presencial sobre a oferta turística da provincia, Turismo Rías Baixas tamén participa na preparación de material para feiras, eventos e congresos, no desenvolvemento de campañas on line e na recollida de datos estatísticos sobre o turismo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.