spot_img
InicioVal MiñorBaionaAs Mulleres na historia do turismo de Baiona, protagonistas da conferencia programada...

As Mulleres na historia do turismo de Baiona, protagonistas da conferencia programada para este venres no Multiusos de Sabarís

As Mulleres na historia do turismo de Baiona, protagonistas da conferencia programada para este venres no Multiusos de SabarísMañá comeza a “Primavera Lila” coa ponencia de Víctor Miguel Fernández, doutorando en Turismo, sobre as  “Mulleres na historia do turismo de Baiona”

Este venres, 11 de marzo, ás 19:30h no Centro Multiusos de Sabarís, o doutorando en Turismo Víctor Miguel Fernández, ofrecerá unha conferencia que ten por título “Fálame delas. Mulleres na historia do turismo de Baiona”.

Con esta ponencia iniciase a Primavera Lila, a programación deseñada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona e a dirección do CIM con motivo do 8 M, Día Internacional da Muller.

Entre os meses de marzo e maio levaranse a cabo toda unha serie de actividades que foran parte dunha programación que co 8 de marzo como escenario, teñen como obxectivo xeral promover a consecución da igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes no ámbito escolar e cultural e previr a violencia de xénero.

Aplicando a transversalidade de xénero, sen limitarse a un so contexto ou plano de actuación, para traballar na sensibilización en Igualdade e a prevención da violencia machista desde os distintos campos, a “Primavera Lila” integra toda unha serie de actividades enfocadas a distintos tipos de públicos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.