A Asociación Vilas Mariñeiras, formada polas Vilas de Baiona, Ribadesella, Llanes, San Vicente de la Barquera, Santoña e Laredo convocou o pasado mes de novembro un concurso fotográfico co obxecto de premiar as mellores fotografías tomadas durante o pasado Outono de 2017 e Baiona arrasou coas súas instantáneas.
Unha imaxe dende o Paseo de Pinzón no que pódese ver de espaldas a unha muller e as Illas Estelas ao fondo, fíxose co primeiro premio do concurso. Das seis fotos gañadoras, cinco foron feitas en Baiona, todas excepto a terceira que era unha instantánea de Ribadesella. Entre as imaxes do municipio pódese ver a Fortaleza de Monte Real, o Porto Pesqueiro ou unha forte ondada na Concheira coa imaxe da Cíes de fondo.
Desde o Concello de Baiona móstranse moi contentos de que as imaxes de varios veciños e veciñas do municipio resultasen gañadoras. Tamén se mostran satisfeito pola alta participación no concurso. Ademais, as instantáneas serven para divulgar a beleza da vila.
Cada un dos premiados poderá gozar dunha estancia para dúas persoas durante dúas noites en réxime de Aloxamento e Almorzo nun establecemento hostaleiro dunha das nosas Vilas Mariñeiras
A participación no concurso realizouse mediante a publicación de posts por parte do concursante no seu perfil propio de calquera das seguintes redes sociais da asociación: Facebook, Twitter e Instagram.
A fotografía para participar, debían de ser tomada en calquera das 6 Vilas Mariñeiras ou os seus respectivos concellos durante as datas entre o 14 de Novembro de 2017 e o 21 de Decembro axustándose a unha ou varias da( s) temática( s) seguinte( s): Turismo Mariñeiro, Camiño de Santiago (Camiño do Norte e Camiño Portugués), Turismo Gastronómico, Turismo Náutico, Turismo Activo e de Natureza, Turismo Paisaxístico, Turismo Experiencial e/ou Turismo Cultural das Vilas Mariñeiras de Baiona, Ribadesella, Llanes, San Vicente de la Barquera, Santoña e Laredo.
O presente concurso pretende poñer en valor as seis Vilas Mariñeiras (Baiona, Ribadesella, Llanes, San Vicente de la Barquera, Laredo, Santoña) a través da toma de fotografías singulares das mesmas que retraten de forma alegre, viva e orixinal a súa idiosincrasia mariñeira, circunstancias que foron valoradas dunha forma especial polo Xurado.



