·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoAs Guías Turísticas das Xuderías de Tui, Monforte de Lemos e Ribavavia...

As Guías Turísticas das Xuderías de Tui, Monforte de Lemos e Ribavavia foron presentadas en Santiago de Compostela

As Guías Turísticas das Xuderías de Tui, Monforte de Lemos e Ribavavia foron presentadas en Santiago de CompostelaO Parador Hostal Reis Católicos en Santiago de Compostela, foi o lugar escollido para a presentación das Guías Turísticas das Xuderías de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia, as tres cidades que forman parte en Galicia da Red de Juderías de España.

No acto participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, e a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez. Tamén asistiron a xerente da Red de Juderías, Marta Puig, xunto á autora das guías, Alejandra Abulafia e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

As tres novas guías veñen a ampliar a colección de máis de 20 publicacións que xa ten editadas Camino de Sefarad, conformado un amplo católogo que permite dar a coñecer as xuderías existentes en España e o seu altísimo valor patrimonial e cultural. As publicacións nacen co obxectivo de por en valor este patrimonio, dos seus conxuntos medievais e, sobre todo, da herdanza das Comunidades xudías que os habitaron.

Desde o punto de vista turístico trátase de publicacións que, ademais, veñen a enriquecer a oferta turística cultural de calidade en Galicia, ofrecendo novas experiencias nestes enclaves das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

No enderezo electrónico da Red de Juderías (https://redjuderias.org/) atópanse as 22 guías dispoñibles sobre cada unha das Rutas polas Xuderías de España que se poden consultar gratuitamente en liña ou adquirilas na súa versión en papel.

A Guía Turística de Tui comeza sinalando “Con acento galego e fornos que ofrecen pans recén feitos, Tui enmárcase nunha paisaxe privilexiada. Bloques de pedras impoñen o estilo das casas entre as cales se coan anacos da súa bela campiña. Nun recuncho da súa catedral unha pequena Menorá parece dicirnos: non nos esquezan, aquí vivimos”.

Trátase dunha recompilación da historia xudía de Tui centrada na súa cronoloxía, personaxes ilustres e que conta tamén con mapas e información sobre os lugares de interese xudeu e de interese xeral para o visitante. Tamén conta cunha sección específica de paisaxes onde o río Miño cobra gran protagonismo, ou outra de Gastronomía Serfardí.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies