spot_img
InicioVal MiñorNigránAs grandes promesas do xadrez danse cita en Nigrán no 'VII Torneo...

As grandes promesas do xadrez danse cita en Nigrán no ‘VII Torneo Dani da Rocha Prol’

as-grandes-promesas-do-xadrez-danse-cita-en-nigran-no-vii-torneo-dani-da-rocha-prolO Clube de Xadrez Laroca, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza un ano máis o ‘VII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol”, pertencente ao XIII Circuito Gallego de Ajedrez Promoción, e que terá lugar durante todo o sábado no Pavillón Municipal de Panxón.

Centos de xóvenes axedrecistas participarán nesta competición na que o clube nigranés rende homenaxe ao seu compañeiro Dani da Rocha, falecido en 2011. Coma no ano anterior, pídese como custe da inscrición unha achega para o banco de alimentos municipal de Nigrán.

O torneo congregará categorías sub-8, 10, 12, 14 e 20 dende as 11.00 horas, sucedéndose as sete roldas ata as 19.40 horas que será a clausura e entrega de premios. Para fomentar a participación, haberá trofeos para os participantes e sorteo de agasallos.

A gran participación neste torneo netamente infantil é unha mostra máis do notable e crecente interese polo xadrez en Galicia. A aparición nos últimos anos de novos clubs e escolas de xadrez que promoven esta disciplina, o incremento da oferta de torneos por todo o territorio e a posibilidade de que o xadrez sexa materia de libre configuración son froito do convencemento dos beneficios que ten a práctica do xadrez na mente de pequenos e maiores. Por todo elo, o Concello séntese especialmente orgulloso de acoller cada ano este evento que rende homenaxe a Dani da Rocha Prol.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.