spot_img
InicioGaliciaAs familias galegas que teñan un segundo fillo poderanse beneficiar de ata...

As familias galegas que teñan un segundo fillo poderanse beneficiar de ata 9.100 euros ao ano en deducións fiscais, e de case 12.000 euros se é o terceiro fillo

conselleira de Facenda Elena Muñoz Fonteriz

 

 

A conselleira de Facenda Elena Muñoz Fonteriz,  lembra que Galicia será en 2015 a comunidade autónoma con máis axudas á natalidade

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, avanzou hoxe que dende 2015 as familias galegas que teñan un segundo fillo poderanse beneficiar de ata 9.100 euros en deducións fiscais, unha cantidade que chegará ata os 12.000 euros en caso de ter un terceiro fillo.

Muñoz Fonteriz presentou hoxe no Parlamento o proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas para o ano 2015, unha norma que complementa o proxecto de Lei de Orzamentos, que actualmente tamén se atopa en tramitación parlamentaria.

Na súa intervención, explicou que esta lei inclúe medidas fiscais como o incremento das deducións para impulsar a innovación, para fomentar a utilización das enerxías renovables e para favorecer a natalidade, que converterán Galicia na comunidade con máis axudas por nacemento de fillos.

As bonificacións pasan de 360 euros a 1.200 e 2.400 euros, segundo se trate do segundo ou terceiro fillo, e prolongaranse durante tres anos dende o nacemento do neno. Estas deducións, sumadas ás do Estado, fan que a bonificación total para unha familia que teña o segundo fillo chegue ata os 9.100 euros ao ano, e case 12.000 euros de ser o terceiro fillo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.