spot_img
InicioGaliciaAs estratexias de adaptación ao cambio climático en vitivinicultura, obxectivo dunha xornada...

As estratexias de adaptación ao cambio climático en vitivinicultura, obxectivo dunha xornada técnica

feira-do-vino-do-rosal-aumenta-sua-relevancia-nomeada-festa-interese-turistico-autonomicoO taller desenvolverase o vindeiro 19 de novembro, en xornada de mañá, no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), organiza para o vindeiro 19 de novembro unha xornada técnica sobre estratexias de adaptación ao cambio climático en vitivinicultura.

O coñecemento e concienciación do impacto que ten o cambio climático sobre o ciclo da vide e a súa influencia na calidade da uva, así como as consecuencias na adega e nos viños, son de suma importancia. De aí a necesidade de organizar esta xornada, que permitirá dar a coñecer distintos proxectos e iniciativas que abordan esta problemática.

Ademais, entre os obxectivos do encontro -que será de xornada de mañá- están o de reforzar a capacidade do sector vitivinícola para afrontar este proceso de cambio no viñedo e nas adegas, ademais de presentar estratexias de adaptación e mostrar resultados de medidas adoptadas a este respecto.

O prazo de inscrición remata o domingo 17 de novembro e hai 75 prazas dispoñibles

Neste senso, a través desta xornada preténdese reforzar a capacidade do sector para que poidan implementar as medidas máis adecuadas no viñedo, co gallo de previr riscos e mitigar os seus efectos.

A xornada, que contará con 75 prazas, terá lugar o vindeiro 19 de novembro no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos. O prazo de inscrición remata o vindeiro 17 de novembro. Os interesados poderán consultar o programa a través da páxina oficial da Evega, onde tamén terán á súa disposición a folla de inscrición. Este é o enlace directo á xornada.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.