spot_img
InicioVigo e áreaVigo“As Cidades de Colmeiro” na Pinacoteca Fernández del Riego de Vigo

“As Cidades de Colmeiro” na Pinacoteca Fernández del Riego de Vigo

as-cidades-de-colmeiro-na-pinacoteca-fernandez-del-riego-de-vigo
Porto de Bilbao 1933

A exposición, que poderá visitarse ata o 15 de marzo de 2026, recolle a visión e expresión plástica do artista durante toda a súa existencia creativa, sobre distintas cidades europeas e de América do Sur nas que residiu.

As cidades de Colmeiro pretende ofrecer un punto de vista distinto sobre a obra de Manuel Colmeiro (Chapa, Silleda, 1901 – Salvaterra de Miño, 1999) a partir da análise do ipacto das cidades na obra dunha das figuras chave da renovación plástica galega no século XX

as-cidades-de-colmeiro-na-pinacoteca-fernandez-del-riego-de-vigo
Porto de Buenos Aires

Para este obxectivo  a exposición céntrase en obras – nomeadamente sobre papel – dun largo abano temporal, desde os seus inicios – a máis antiga é de 1919 (Puerto de Buenos Aires) – en Buenos Aires até os anos sesenta (Paris [Notre Dame]. 1960). Buenos Aires, Vigo,Lugo, Ourense, Bilbao, Paris ou Amsterdam, serven de escenario e son protagonistas das procuras do artista.

Na presentación da exposición, o comisario da mostra é Carlos L. Bernárdez, destacou que a mostra parte coas obras realizadas por Colmeiro en Buenos Aires nas que reflicte a súa percepción sobre a realidade social da cidade. Tamén explicou que ao seu regreso a Galicia, con 26 anos, reflectiu a nova realidade galega que percibe coa que “se compromete vital e culturalmente”. Incidiu nos “matices” que se observan nas creacións realizadas en urbes como Bilbao ou Amsterdam.

as-cidades-de-colmeiro-na-pinacoteca-fernandez-del-riego-de-vigo
Muralla e Catedral de Lugo 1933

A pintura de Colmeiro está atravesada desa sabedoría, ese dominio da linguaxe plástica que el ordena, principalmente a partir da organización da superficie pictórica mediante a liña. Unha liña limpa e, a medida que vai evolucionando, cada vez máis fina. Unha liña rotunda que persegue un debuxo esquemático, sen adornos, esencial na súa formulación e na súa execución, como produto dun exercicio de simplificación que nesta exposición pódese rastrexar, desde as súas primeiras obras de 1918 e os primeiros anos vinte, marcadas por un expresionismo evidente, ata as pezas de finais dos anos trinta, nas que ese exercicio de limpeza marcará o debuxo colmeiriano e dotará a toda a súa obra dunha modernidade implícita na factura da liña.

Do seu paso por Bilbao en 1933 con motivo da Exposición Universal, deixounos algunhas obras moi salientables, pola súa forza e estilo.

as-cidades-de-colmeiro-na-pinacoteca-fernandez-del-riego-de-vigo
Obreiros nos Altos Fornos de Bilbao

A pesar de que non visitará París ata 1948, é evidente xa nalgunhas destas obras o seu interese por pintores como Cezanne e, por suposto Picasso, ao que chegará a coñecer na década dos anos cincuenta. Ese debuxo esquematizado, de liña fina e limpa, remítenos inevitablemente á forma de utilización da liña do malagueño quen marcou a toda unha xeración de artistas, preocupada por alcanzar a máxima expresividade utilizando o mínimo de elementos debuxísticos.

Este exercicio de simplificación está presente tamén na utilización da cor. Unha simplificación que o leva á eliminación de todo cromatismo que resulte superfluo para entender a luz de cada peza. Adquire así a obra unha coherencia evidente, na que debuxo e mancha se complementan ao servizo do resultado final, sempre sobrio, elegante e equilibrado.

Horarios

. Luns e xoves: 18.00 a 21.00 horas

. Mércores e venres: de 11.000 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas

. Sábado: de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas

. Domingos: de 12.00 a 14.00 horas

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.