spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaAs Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o seu 50 aniversario

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o seu 50 aniversario

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o seu 50 aniversarioAs Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o seu 50 aniversario e presentan un tríptico conmemorativo da efeméride

Hoxe, venres, 21 de setembro, a Biblioteca P. Municipal Valle-Inclán de Redondela cumpre 50 anos desde súa inauguración no ano 1968 nos baixos da casa consitorial, abrindo as súas portas ao público ao día seguinte, 22 de setembro.

Con tal motivo esta mañá realizouse na sala infantil da biblioteca redondelana a presentación dun tríptico conmemorativo e das actividades e actos cos que se celebrará a efeméride. No acto estiveron presentes a concelleira de Cultura, M.ª Teresa París Blanco e o persoal das bibliotecas encabezado pola súa directora, M.ª Elena Becerra García.

Dentro dos mesmos destaca o dar nome á biblioteca de Chapela, a lectura radiofónica de 20.000 leguas baixo dous mares en conmemoración da chegada literaria do Nautilus á enseada de San Simón, unha charlacoloquio e unha exposición contorna á figura de Jella Lepman, a campaña nas redes sociais # eubibliotecasredondela50 e, a final de ano, unha celebración na que se recoñecerá o apoio dalgunhas entidades ao labor das mesmas.

- Publicidade -spot_img