spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAs asociacións da Guarda preparan xa a III Mostra Asociativa

As asociacións da Guarda preparan xa a III Mostra Asociativa

As asociacións da Guarda preparan xa a III Mostra Asociativa

AO pasado martes día 16 de xaneiro de 2019 a Casa dos Alonsos acolleu unha reunión de traballo con diferentes colectivos e asociacións da vila de cara á organización da terceira edición da Mostra Asociativa, un evento multicultural no que as asociacións da vila son protagonistas, dando a coñecer o seu traballo a todos os asistentes ao longo dunha gran xornada cargada de actividades e unha intensa programación para todas as idades, que no pasado ano celebrouse no mes de setembro na Alameda da Guarda.

Contando coa asistencia de máis dunha vintena de representantes de asociacións guardesas, o Alcalde da Guarda, a Concelleira de Cultura e a Técnica de Xuventude, foron intercambiando impresións e valoracións sobre como foi o funcionamento da pasada edición e como se pode mellorar a edición deste ano, que segundo se acordou nesta primeira reunión de contacto, celebrarase no mes de Maio, de xeito que sirva coma escaparate ás actividades que moitas destas asociacións realizarán durante o verán.

As diferentes asociacións valoraron moi positivamente este evento, que chegará este ano á súa terceira edición e probablemente pasando de Mostra a Festa, animando e implicando mais aínda se cabe, ao conxunto da sociedade e cidadanía guardesa.

No vindeiro mes de febreiro celebrarase unha segunda reunión para continuar cos preparativos desta terceira edición, todas as asociacións que desexen participar poden ampliar información na OMIX da Guarda chamando ao 9866 10000 ou contactando no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Dende o Concello da Guarda faise un chamamento á participación da cidadanía, para por manifesto unha vez máis a importancia do asociacionismo, a colaboración e a implicación da sociedade en diferentes colectivos, para levar a cabo accións asociativas de interese xeral con diferentes temáticas e fins.

- Publicidade -spot_img