spot_img
InicioVal MiñorBaionaAs 52 SUPER SERIES izan en Baiona as velas do seu décimo...

As 52 SUPER SERIES izan en Baiona as velas do seu décimo aniversario

As 52 SUPER SERIES izan en Baiona as velas do seu décimo aniversarioO Monte Real Club de Yates acolleu este venres a presentación oficial da ABANCA 52 SUPER SERIES • BAIONA SAILING WEEK que se celebrará nas Rías Baixas durante toda unha semana a partir deste sábado

O acto contou coa presenza do presidente del Monte Real Club de Yates, Jose Luis  Álvarez;  de Agustín Zulueta · Director Xeral de las 52 Super Series;  de Gabriel González Eiroa · Director da Rede Comercial de ABANCA; de Alejandro Retolaza · vicepresidente do Monte Real Club de Yates; de Ignacio Sánchez Otaegui · Comodoro del Monte Real Club de Yates; de Marta Fernández-Tapias · Delegada Territorial en Vigo de la Xunta de Galicia; de Gorka Gómez · Diputado de Deportes de la Diputación de Pontevedra e do alcalde de Baiona, Caelos Gómez Prado.

Dous anos despois do anuncio de que Galicia sería a nova sede do circuíto e tras superar os peores momentos da pandemia COVID, que obrigaron a pospoñer un ano a súa celebración, o circuíto de monocascos máis importante do mundo, as prestixiosas 52 SUPER SERIES, iza as súas velas en Baiona.

Revista COUSAS DE Nº13

A partir deste sábado e durante toda unha semana, a ABANCA 52 SUPER SERIES • Baiona Sailing Week, organizada e presentada oficialmente este venres polo Monte Real Club de Yates, poñerá en liza a nove equipos internacionais: tres norteamericanos ( Sled, Quantum Racing e Interlodge), dous ingleses (Alegre e Gladiator), un alemán ( Platoon), un turco ( Provezza) e un tailandés ( Team Vayu).

Os nove veleiros que entrarán competición, valorados cada un en máis de dous millóns e medios de euros, estarán liderados polos seus millonarios armadores, empresarios de diferentes sectores unidos polo seu amor pola vela e a alta competición. Son Doug DeVos, Austin e Gwen Fragomen, Takashi Okura, Andy Soriano, Tom Langley, Ergin Imre, Hasso Platner e Tom e Kevin Whitcraft.

En cada unha das campañas das SUPER SERIES nas que participan, estes armadores invisten preto de dous millóns de euros, que destinan a investigación e desenvolvemento de tecnoloxías para os seus barcos e en contratar aos mellores regatistas, entre os que inclúen a medallistas olímpicos, campións mundiais e gañadores da America’s Cup.

Entre ese selecto grupo de deportistas hai un reducido pero destacado número de regatistas españois. Xente como Xabi Fernández ( Gladiator), Joan Vila e Pedro Mais ( Interlodge), Juan Meseguer, Joan Fullana e Nacho Postigo ( Provezza), e Jordi Calafat, Javier Praza, Víctor Mariño e Pablo Torrado ( Platoon). Estes dous últimos, Mariño e Torrado, exercerán de embaixadores na súa terra, xa que ambos son galegos.

Galicia estará presente na competición a través deles e tamén grazas á fichaxe, por parte de certos equipos, dalgúns dos mellores estrategos de regata das rías galegas, como Pablo Iglesias, Gonzalo Araujo ou Antonio Otero. Eles encargaranse de darlle, aos equipos que os contrataron, as claves para coñecer mellor a zona de navegación, os ventos e as condicións que se poden atopar no fondeadoiro das Illas Cíes.

https://www.cousasde.com/revista-cousas-de-no13/

O Parque Nacional das Illas Atlánticas será o principal escenario das probas, que se prolongarán desde o vindeiro martes día 24 ata sábado 28, tras os adestramentos libres do sábado 21 e o domingo 22; e o adestramento oficial do luns 23.

Os nove barcos en competición disputaranse mangas do tipo barlovento-sotavento entre boias, con catro tramos (dous de cinguida e dous de popa), e unha distancia total que se moverá entre a milla e media e as dúas millas náuticas. Existe tamén a posibilidade de que algún día cámbiense os barlovento-sotavento por unha regata costeira polas Rías Baixas, cun percorrido aínda por determinar. Tanto nun tipo de proba como na outra, o barco que as complete o primeiro, gana, sen ningún tipo de compensación de tempos.

Esta competición en tempo real, sen ningún tipo de axuste final, é a que máis atrae ás tripulacións e a que fará as regatas máis atractivas e emocionantes para o público. Con barcos practicamente idénticos, que seguen unhas regras fixas de medición (de superficie vélica, eslora, manga, desprazamento, calado, altura e peso do pau), as innovacións que aplicasen ás embarcacións e a pericia das tripulacións serán as que marquen as diferenzas, aínda que estas serán practicamente mínimas e as vitorias estarán moi disputadas.

As 52 SUPER SERIES izan en Baiona as velas do seu décimo aniversario

A ABANCA 52 SUPER SERIES • Baiona Sailing Week, presentada este venres no Monte Real Club de Yates, será a primeira das cinco citas dos TP52 neste 2022: Baiona en maio, Cascais (Portugal) en xuño, Porto Portals en xullo, Scarlino (Italia) en setembro e Barcelona en outubro. Será, ademais, a primeira vez que a competición recala en augas galegas, e farao nun ano moi especial, cando se cumpre unha década da súa creación, en 2012.

O evento deportivo, patrocinado por ABANCA e Turismo de Galicia a través do Xacobeo, e apoiado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona, deixará un impacto económico na comarca do Val Miñor valorado en 2 millóns de euros. Aloxamentos, restauración, empresas de instalacións, transportes, loxística, náutica ou deseño son algúns dos sectores beneficiados pola chegada das 52 SUPER SERIES a Galicia.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.