Inicio Val Miñor Nigrán 'Arte no Queimado' unha iniciativa artística para conmemorar os incendios de octubre...

‘Arte no Queimado’ unha iniciativa artística para conmemorar os incendios de octubre no Val Miñor

O Concello de Nigrán conmemora os 9 meses tras incendios do 15 de outubro na comarca cun gran evento este domingo na Ramallosa (Alameda de San Campio) a cargo da corrente artística ‘Arte no Queimado’, xurdida precisamente a raíz do fatídico lume. Na iniciativa participan a Comunidade de Montes de Camos e Chandebrito, a asociación veciñal ‘O Castro’ de Chandebrito e Coruxo Arte.

“Trátase dunha gran xornada lúdica e educativa na que buscamos non perder a memoria do acontecido e concienciarnos todos do desastre absoluto que supoñen os incendios”, reflexiona Juan González, alcalde de Nigrán.

O domingo será a gran xornada cunha vintena de escultores e pintores traballando en vivo, obradoiros infantís, pasarrúas máxico e o concerto final do acordeonista Roberto Comesaña ás 21:00 horas

O promotor deste novo colectivo artístico, o escultor Juan Coruxo, iniciaron hoxe xunto aos seus compañeiros Remigio Dávila e Rosendo González a talla de cinco árbores secos e que están situados na Alameda de San Campio. O oxectivo é que durante o domingo rematen o traballo como parte fundamental da celebración da xornada ‘Arte no Queimado’, que reunirá a preto dunha vintena de artistas (fundamentalmente pintores e escultores) traballando en vivo na Alameda de San Campio con material procedente maioritariamente dos lumes de outubro.  Ademais, durante todo este día haberá obradoiros infantís e, pola tarde, de 20.00 a 21.00 horas, un ‘Pasarrúas Máxico’ a cargo da compañía A  Illa dos nenos que conxuga a maxia e o circo para crear un mundo fantástico cheo de  ilusiónes e sorrisos. Dous magos acompañados de dous  zancudos serán os encargados de marabillar ao  público que atopen ao  seu paso polo paseo da Foz ata chegar á  Alameda, onde realizarán un gran espectáculo conxunto.

O punto e final á xornada de ‘Arte no queimado’ o porá ás 21:00 horas o acordeonista de Priegue Roberto Comesaña, gañador dun Grammy no ano 2016 co tema “Cabaliño” xunto a Cristina Pato, Anxo Pintos e Davide Salvado; amén de sumar outros destacados recoñecementos na súa importante traxectoria (foi tamén Primeiro Premio no certame Nacional de acordeón, na categoría de música popular, no ano 2009).

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies