spot_img
InicioBaixo MiñoArte nas rúas de Tomiño e Cerveira co XIII Certame de Pintura...

Arte nas rúas de Tomiño e Cerveira co XIII Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández

arte-nas-ruas-de-tomino-e-cerveira-co-xiii-certame-de-pintura-ao-aire-libre-antonio-fernandezCelebrarase o 17 de agosto organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño coa colaboración da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e da Comunidade de Montes de Goián

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Arte polos catro costados na Eurocidade. As rúas de Tomiño e Cerveira volverán enchrse o vindeiro 17 de agosto de cabaletes, lenzos e artistas co XIII Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández, organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño coa colaboración da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e da Comunidade de Montes de Goián. O concurso chega á súa décimo terceira edición co obxectivo de seguir achegando ás e aos amantes da pintura á contorna para que recollan en vivo e en directo as paisaxes ou o acontecer dos distintos puntos marcados nos percorridos a ambas beiras do Miño.

As persoas interesadas poden inscribirse xa de forma gratuíta ata as 14.00 h (hora galega) do 13 de agosto a través da páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño. A inscrición será por rigorosa orde de rexistro e unicamente en liña, non se permitirán inscricións presenciais o día do propio concurso. As persoas participantes deberán presentarse o día do certame entre as 09.30 e as 11.30 horas (08.30 e 10.30 horas de Portugal) na Aula Museo Antonio Fernández para que a organización sele e numere o soporte que se empregará para a elaboración do cadro.

As obras rematadas serán presentadas sen asinar e co título no reverso, xunto co cabalete, para a súa exposición na Praza Pintor Antonio Fernández entre as 17.00 e 18.00 horas, hora galega, para a súa cualificación por parte do xurado, que emitirá o seu fallo co nome dos gañadores ás 18.30 h, ás 17.30 h hora portuguesa.
En total repartiranse máis de 2.650 euros en premios nas tres categorías participantes: infantil, ata 11 anos; xuvenil, de 12 a 17 anos; e persoas adultas. Os premios serán outorgados polo Concello de Tomiño, a Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira e a Comunidade de Montes de Goián.

As bases completas poden consultarse na páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.