A Festa da Arribada regresa e os próximos 4, 5 e 6 de marzo a Real Villa de Baiona volverá vestir de época para revivir un dos momentos máis espléndidos da súa historia
Unha excelente oportunidade para viaxar ao pasado e revivir un dos grandes momentos da historia. A Festa da Arribada conmemora o feito de que o día 1 de marzo de 1493, chegase ao porto desta localidade, a Pinta, nave capitaneada por Martín Alonso PIzón a bordo, e que traía a boa nova do descubrimento de América.
Os xardíns da Casa de Navegación acolleron a presentación da Festa, acto que foi guiado pola concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte: “Volvemos estar aquí 730 días despois”. Entre as novidades desta edición, a concelleira sinalou que un dous grandes espectáculos da programación da Arribada, a Xusta Medieval, contará con lenguaxe de signos.
Pola súa banda o rexedor baionés, Carlos Gómez, destacou que A Arribada é un evento de todos os veciños. “Hai 27 anos que os veciños e veciñas de Baiona empezaron a conmemorar este feito historíco, cuna pequena festa e foron eles os que ano tras ano coa súa participación e colaboración os que conseguiron que a festa da Arribada sexa o evento que é hoxe, un evento que reune a miles de visitantes nunha das nove festas de Interese Turístico Internacional”
A Arribada estreará mascota nesta XXXVI edición, o “Boi Xulián”
Outra das novidades e a estrea dunha mascota, o “Boi Xulián”, quen sesn dúbida será unha das protagonistas do evento na xornada inaugural de venres 4 de marzo, co espectáculo familiar programado na praia de Ribeira ás 19:00 horas e titulado “Entre dous mundos co Boi Xulián”, unha cita que será a presentación ante o gran público da mascota da Arribada
Esta festa foi declarada de Interese Turístico Internacional, e incorpora un espectacular programa de actividades, que inclúe, entre moitas outras, a xusta medieval ou a exhibición do tiro con arco
A festa contará ademais do amplo programa de actos festivos, lúdicos e culturais cun mercado medieval, que este ano terá como novidade que os postos de artesáns e comerciantes, nun número de 44, situarase na rúa Carabela Pinta. Ademais haberá postos de comida, se preven 53 establecementos, situados entre Marqués de Pintanar e Santa Liberata.
Os espazos de vida dos pobos prehispánicos de mesoamérica.O historiador baionés Anxo Rodríguez Lemos mostra a súa colección privada de cheiraría tradicional na Capitanía Marítima
COMO CHEGAR
Para os que puidesen estar interesados, cabe a posibilidade de chegar a Baiona, en barco, coa Naviera Mar de Ons, que ten traxectos previstos para os días 5 e 6 de marzo, con saída desde os portos de Cangas Vigo e Panxón.






