O Barco Pirata Wodnik que chegou hoxe a Baiona, está atracado no Pantalán Cristobal García Sarmiento (xunto á Carabela Pinta)
O baionés Pipo Vilar, foi o artífice da parada do barco en terras baionesas. A travesía partiu desde Cádiz, pasou por Palos de la Frontera e arribou no día de onte á vila mariñeira.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, foi o encargado de dar a benvida á tripulación á Vila de Baiona. Tamén recibiu á Tenente Alcalde de Saint-Malo , Clarisse Béchu, localidade portuaria da bretaña francesa punto final da travesía da embarcación.
Vilar fixo entrega ao rexedor baionés dun pergamiño que contiña unha mensaxe #do Nadal de felicitación do novo ano e a intención de seguir estreitando os lazos do poboo irmán de Palos de la Frontera.
Pola súa banda Gómez Prado “agradeceu ao baionés o traer ata a localidade a embarcación para o goce de toda a veciñanza”.
O Alcalde de Baiona aproveitou a ocasión para convidar ao representante institucional francesa á próxima celebración da Festa da Arribada para coñecer de primeira man a festa por excelencia baionesa que ligou para sempre a vila coa travesía de Colón a América.
A embarcación é unha réplica do galeón polaco Wodnik do século XVIII, recuperándose en 2010 para a serie ‘Piratas’ de Telecinco, con Pilar Rubio e Óscar Jaenada como protagonistas. Ten 30 metros de eslora, salón, adega e tres cubertas, e estará uns días na Real Villa.



