spot_img
InicioVigo e áreaRedondela"Arredor de Ana Frank": primeira actividade da Asociación de Amigos das Bibliotecas...

“Arredor de Ana Frank”: primeira actividade da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela

"Arredor de Ana Frank"-primeira-actividade-Asociación-Amigos-Bibliotecas-Municipais-RedondelaA Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, en colaboración coas mesmas e a Fundación Filomena Rivero Alonso, pon en marcha a súa primeira actividade que xira en torno á conmemoración do 70 aniversario da morte de Ana Frank que tivo lugar no mes de  marzo de 1945 no campo de Bergen-Belsen, pouco antes de que éste fose liberado.

“Arredor de Ana Frank” é o slogan que define esta actividade, aberta a todos os públicos previa inscrición, ao ser prazas limitadas, e na cal se debaterá, logo da lectura do mesmo, sobre o diario escrito pola moza ao longo de dous anos de cativerio xunto a súa familia antes de ser arrestada.

Para participar nesta iniciativa, que terá lugar o 6 de marzo na Casa da Cultura de Redondela (Praza Figueroa)   ás 20:30 h., os interesados poderán apuntarse enviando un correo electrónico a amigosbibliotecasredondela@gmail.com . O único requisito é estar interesado en intercambiar pareceres sobre o título elixido.

O debate contará coa dirección do coordinador dos clubs de lectura das bibliotecas

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.