spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Obradoiro de Emprego "Terras do Val Miñor III" realizou unha xornada...

O Obradoiro de Emprego “Terras do Val Miñor III” realizou unha xornada formativa sobre licores e aguardentes galegas

Obradoiro-Emprego-"Terras do Val Miñor III"-realizou-xornada-formativa-licores-aguardentes-galegasO Obradoiro de Emprego “TERRAS DO MIÑOR III”, promovido por La Mancomunidad de Concellos do Val Miñor e cofinanciado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo acolleu o día de hoxe a celebración unha dobre xornada formativa impartida por persoal do “Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia” e por persoal da Asociación Galega de Camareiro.

A primeira xornada foi impartida por Carmen Otero en representación do Consello Regulador. O obxectivo foi dar a coñecer aos alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais, os distintos procesos de elaboración e características das Augardentes e licores tradicionais Galegos, tamén puideron participar nunha cata guiada ampliando así os seus coñecementos no mundo dos licores.

A segunda xornada, foi impartida por Jurjo Fernández Presidente de la Asociación, quen deu a coñecer o funcionamento e as actividades, que desenvolve a devandita asociación así como as últimas tendencias no mundo da coctelería.
Coa colaboración de Adrián Villa e Guillermo González, en representación da asociación asistiron á elaboración de catro bebidas relacionados coas últimas tendencias, dous deles baseados no uso de “Augardentes Brancas Galegas”.

- Publicidade -spot_img