spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaArranca o plan de formación impulsado por Orpagu e o Concello da...

Arranca o plan de formación impulsado por Orpagu e o Concello da Guarda

Arranca o plan de formación impulsado por Orpagu e o Concello da GuardaNa xornada deste mércores día 30 de marzo de 2022 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Formación, Fátima Rodríguez, deron a benvida na sede de Orpagu xunto coa súa xerente, Juana Parada e profesorado, ao primeiro grupo de alumnos e alumnas que participarán na formación dun plan que refrenda o compromiso da Organización de Palangreros Guardeses coa súa localidade, promovendo a formación específica necesaria para xerar emprego estable e de calidade.

Antonio Lomba, alcalde da Guarda, valora moi positivamente esta iniciativa de Orpagu, que ofrecerá oportunidades a quen poida acceder á formación, facendo especial fincapé en que é unha excelente oportunidade de inserción laboral para veciños da localidade.

Fátima Rodríguez, concelleira de Formación, animou aos asistentes e participantes nesta formación, para que aproveiten esta oportunidade de enriquecer coñecementos e formarse de cara a unha futura incorporación ao mercado laboral.

Juana Parada, xerente de Orpagu, agradeceu a colaboración amosada dende o comezo desta iniciativa por parte do concello da Guarda, para que esta formación sexa hoxe unha realidade.

Os participantes nestes cursos de formación gratuítos entrarán a formar parte dunha bolsa de traballo, da que se nutrirá a organización para os empregos que xere a súa planta de Tui.

Fieis ao compromiso social adquirido coa súa localidade, a Organización de Palangreros Guardeses impulsou sete cursos dentro dun plan de formación específico aberto a todas e todos os guardeses para o que conta coa colaboración económica do Concello da Guarda. Precisamente, o Concello da Guarda empregará a Líña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para financiar este proxecto coa cantidade de 6.000 euros, “para que a poboación guardesa teña unha opción real de acceso ao emprego”, sinalan dende a Alcaldía.

Unha aportación que dende a organización de palangreros valoran de forma significativa ao tempo que destacan a inestimable colaboración do Concello con esta iniciativa. Unha cooperación que, en palabras do presidente da organización, Joaquín Cadilla, “foi exemplar dende o primeiro día”.

Os cursos de “Almacenaxe en frío”, “Manipulador de alimentos e APPCC”, “Carretilleiro”, “Prevención de riscos en cámaras frigoríficas”, “Seguridade Alimentaria e alérxenos”, “Limpeza e Desinfección” e “Boas prácticas de manipulación” desenrolaranse entre as 9:00 e as 14:00 horas e terán lugar, en diferentes datas, entre o 30 de marzo e o 20 de xuño. Todos os cursos serán impartidos na sede da Organización de Palangreros de A Guarda (Manuel Álvarez, 16 baixo), a excepción do curso de carretilleiro, que impartirase en formato on-line a parte teórica e nas instalacións de Herrajes Martínez, a parte práctica.

As persoas que conclúan con éxito os cursos formarán parte da bolsa de traballo da que Orpagu nutrirase para conformar a plantilla da planta frigorífica que está construíndo en Tui. A planta estará plenamente operativa en 2022 e creará ao redor de 30 postos de traballo. Os inscritos nos cursos de formación que queden fora dos postos ofertados por Orpagu gozarán desa formación gratuíta, que lles permitirá acceder a empregos noutras empresas do sector, cuxa demanda de traballadores ten aumentado nos últimos anos.

Aínda que este plan formativo estivo aberto para todas as persoas

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.