Inicio Pontevedra Arranca no Vao o maior campamento infantil deportivo de verán en Vigo,...

Arranca no Vao o maior campamento infantil deportivo de verán en Vigo, organizado pola Deputación, con 650 nenos e 30 modalidades deportivas

 

Arranca-Vao-maio-campamento-infantil-deportivo-verán-Vigo-organizado-pola-Deputación-650-nenos-30-modalidades-deportivas
Hoxe arranca no Vao, nas instalacións do club de fútbol de Coruxo, o maior campus deportivo estival para nenos realizado en Vigo, organizado pola Deputación e denominado “Aprendendo a Xogar”.

O prazo de inscrición, ampliado ante a gran demanda inicial, pechouse con 650 participantes, de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. Acompañados por monitores especializados e figuras deportivas de altura nacional e internacional, coñecerán un total de 30 disciplinas diferentes; ademais recibirán un curso de primeiros auxilios adaptado a mozos.

A iniciativa, na que os mozos coñecerán unha vintena de disciplinas deportivas, ten un prezo de 30 euros por neno, con descontos do 50 % para o segundo fillo e seguintes, e con matrículas gratuítas para as familias cos dous cónxuxes en paro

O campus desenvólvese no céspede do estadio de Coruxo, convertido nunha pista multidisciplinar, na praia do Vao, no campo de fútbol de Leri e nas instalacións do Club de Campo de Vigo.

É o segundo ano que a Deputación realiza en Vigo o campus “Aprendendo a Xogar”, no que os nenos poderán familiarizarse cos deportes máis populares, coma fútbol, balonmán, baloncesto, atletismo ou ciclismo. Tamén experimentarán con disciplinas coma bádminton, boxeo ou pesca, e con modalidades coma balonmán praia, fútbol praia, petanca, hóckey herba, preparación física para nenos, xogos populares, rugby, béisbol, judo, voleibol de praia ou surf.

Este ano introdúcense disciplinas inéditas no primeiro ano, seleccionadas por técnicos en formación deportiva. Na actualidade a Deputación mantén abertas e operativas 247 escolas deportivas na provincia, nas que practican deporte máis de 10.000 mozos. Case o 80 % destas escolas están representadas en Vigo. A rede deportiva da Deputación é unha das maiores en España, obxecto de estudo por parte doutras provincias.

Nos últimos anos a Administración provincial construíu 14 campos de herba artificial no municipio e, na actualidade, está a acometer a reforma integral do estadio de fútbol federativo de Coia e participa na reforma do estadio de Balaídos coa mesma cantidade que achega o Concello de Vigo. En total o investimento en deporte durante os últimos anos supera os 30 millóns de euros na cidade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies