Inicio Pontevedra A Xunta remata as obras do acceso ao novo hospital público de...

A Xunta remata as obras do acceso ao novo hospital público de Vigo, cun investimento de preto de 1,8 millóns de euros

Xunta-remata-obras-acceso-novo-hospital-público-Vigo-investimento-preto-1,8-millóns-euros

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou hoxe “o exercicio de planificación, coordinación e o compromiso” da Xunta para dotar dos mellores accesos a esta infraestrutura pública. Así o dixo durante a visita que esta mañá realizou, xunto coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, ás obras xa rematadas do novo acceso ao complexo hospitalario, que supuxeron un investimento por parte da Axencia Galega de Infraestruturas de 1,8 millóns de euros.

Ethel Vázquez destaca que esta actuación demostra “o exercicio de planificación, coordinación e o compromiso” da Xunta para dotar dos mellores accesos a esta infraestrutura pública

Ethel Vázquez salientou o esforzo realizado desde a Xunta para axilizar ao máximo a mellora da Avenida Campoamor: a previsión inicial era comezar as obras en marzo, pero os traballos previos permitiron adiantar o inicio ao 23 de febreiro, co obxectivo de que a actuación estivese rematada antes da posta en servizo do novo hospital.

A actuación comeza na glorieta do enlace co segundo cinto de circunvalación de Vigo (VG-20), na que se executou unha nova saída exclusiva para acceso ao hospital. Esta saída conta con dous carrís, un para acceso exclusivo de urxencias e o outro que continúa como vía de servizo ata a entrada principal do Hospital. O carril de uso exclusivo para urxencias cruza o río Barxa mediante un pequeno viaduto e desemboca na glorieta do hospital.

Así, a sección tipo da avenida neste treito engade aos dous carrís actuais por sentido, outros dous carrís adicionais de acceso ao hospital. Nesta zona permítese, ademais, a saída dos vehículos desde a zona de urxencias do hospital cara a avenida.

Para complementar a actuación, construíuse unha nova glorieta, que permitirá todos os cambios de sentido, na intersección entre a avenida Clara Campoamor e o acceso á entrada principal do centro hospitalario. Conta con dous carrís de 4 metros de ancho, beiravía interior de 1,5 metros e exterior de 0,5 metros.

Finalmente, estase a rematar a execución dunha senda peonil adicional para conectar esta nova glorieta coa que dá acceso ás urxencias do hospital.

Xunta-remata-obras-acceso-novo-hospital-público-Vigo-investimento-preto-1,8-millóns-euros

Parada do autobús interurbano
A conselleira de Territorio e Infraestruturas destacou que, atendendo ás demandas dos veciños, a Xunta habilitou dúas paradas de autobús, unha a cada lado da vía, para facilitar a mobilidade e os desprazamentos de todos os cidadáns que teñan que acudir ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Ampliouse a capacidade e aumentouse a fluidez do tráfico da Avenida Clara Campoamor, vía que canaliza os tráficos do complexo Álvaro Cunqueiro

Ademais, Vázquez informou que o Goberno está a traballar de cara a lograr que unha liña interurbana de autobús faga parada no hospital (a que fai traxecto entre Vigo e Baixo Miño). Onte mesmo, o Diario oficial de Galicia publicaba a resolución pola que se somete a trámite de información pública o expediente de reestruturación e ampliación de tráficos no novo hospital, co fin de autorizar esta parada. “E tamén mantemos conversas co Concello para coordinar co transporte urbano a mellor solución de acceso ao centro hospitalario desde o resto de liñas”, explicou Ethel Vázquez.

Un dos centros sanitarios máis modernos de Europa
Pola súa banda, a responsable da carteira sanitaria agradeceu á conselleira de Infraestruturas a obra acometida polo seu departamento, que dota ao centro de accesos axeitados desde a glorieta do segundo cinto de Vigo e desde a avenida Clara Campoamor.

A área sanitaria de Vigo dispón xa dun hospital público dos máis modernos de Europa, situado na vangarda tecnolóxica, sostible, afable, dinamizador económico e social, e que ofrecerá as mellores condicións asistenciais para pacientes e profesionais.

Esta nova infraestrutura permitirá reorganizar a asistencia sanitaria a prestar á cidadanía de Vigo e á súa área de referencia, 600.000 habitantes, poñéndoa ao nivel que lle corresponde en Galicia e en España.

O hospital público Álvaro Cunqueiro conta cunha superficie total construída de 280.000 metros cadrados; 22 quirófanos para cirurxía con ingreso; 12 unidades de parto; 2 quirófanos de urxencia e 5 salas especiais. Así mesmo, dispón de 62 salas de diagnóstico por imaxe; 150 locais de consulta; unha gran área de consultas multicanle; unha área de Urxencias de gran capacidade, e tamén unha Área de Docencia e Investigación deseñada con visión de futuro. Ademais, contará cun laboratorio de resposta hospitalaria para todas aquelas probas que requiren una resposta en menos de 6 horas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies