Inicio Baixo Miño A Guarda Arranca a primeira das etapas do camiño de Santiago a Fisterra organizado...

Arranca a primeira das etapas do camiño de Santiago a Fisterra organizado por Caminha e A Guarda

arranca-a-primeira-das-etapas-do-camino-de-santiago-a-fisterra-organizado-por-caminha-e-a-guarda
Ponte das Maceiras en Negreira

Este sábado 8 de outubro arrancou a primeira das catro etapas do camiño entre Santiago e Fisterra organizadas conxuntamente pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco.

Esta actividade supón a continuación da peregrinación de Caminha ata Santiago de Compostela que máis de 100 veciños da Guarda e Caminha realizaron durante os primeiros meses de 2016. Desta volta o percorrido será dende Santiago ata Fisterra en catro etapas, que se realizarán os vindeiros catros sábados de outubro. En todas as etapas a hora de saída é ás 7.30 h dende a explanada do CEIP A Sangriña. O encontro cos participantes de Caminha e Viana do Castelo en Goián ás 8.00 h.

Os autobuses deixarán ós participantes na Estación de Autobuses de Santiago, dende onde se dirixirán ata á Praza do Obradoiro. A etapa dará comezo cara ás 10.30 h dende o Obradoiro e é convinte ir en grupo neste primeiro tramo, pois non hai sinalización. A partir da carballeira de San Lorenzo xa se atopan os indicadores que se irán seguindo.

O primeiro punto de agrupamento será a uns 12 quilómetros, no lugar de Augaspesadas (no Concello de Ames), onde se realizará o xantar. A previsión é chegar a partires das 13.30 horas. Alí hai un pequeno bar e tamén se atoparán os autocares para que os participantes podan coller as súas pertenzas.

Despois do xantar comezará o primeiro obstáculo da xornada: a subida ó Mar de Ovellas. Superada esta dificultade seguirase cara Ponte Maceira, sobre o Tambre, onde se volverán a agrupar. Para rematar os participantes dirixiranse a Negreira, final da etapa do sábado, onde se xuntarán na praza do Cotón, presidida por un bonito pazo e onde agardan os autobuses.

Cómpre ter en conta, igual que nas anteriores saídas, que cada un é responsable de respectar as normas que se deben gardar ben en tramos urbanos (semáforos, pasos de cebra….), en estradas (camiñar pola marxe esquerda) e en camiños forestais. Ademais débese levar algunha prenda reflectinte (cubre mochilas, brazalete, chaleco ou similar).

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies