Inicio Pontevedra A Paradanta Arbo organiza un concurso para para promocionar os recursos turísticos do municipio

Arbo organiza un concurso para para promocionar os recursos turísticos do municipio

Un díptico une todos os sendeiros de ArboConcello de Arbo anima a visitar a vila durante estes meses para gozar da súa gastronomía, hostalería, paisaxes, deportes de aventura, cultura e actividade e festexos e potenciar e promocionar  a temporada de Lamprea e  a Festa da Lamprea do ano 2021

Poderá participar no sorteo todo comensal que acuda a comer lamprea aos restaurantes e casas de turismo rural, todos os que realicen actividades coas empresas de aventura arbenses, os hospedes que acudan os hospedaxes de turismo rural, as persoas que visiten as adegas do noso Concello eTodos os visitantes ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo” que degusten os viños presentes na vinoteca municipal.

Os premios de “Arbo,Vila da Lamprea”, consistirán en invitacións nunha nas casas rurais de Arbo, comidas ou cenads nun dos restaurantes ou casa de turismo rural de Arbo, vales canxeable para dúas persoas para practicar deporte de aventura no Rio Miño e lotes de viño da D.O Rias Baixas das adegas de Arbo participantes na campaña “Arbo, Vila da Lamprea”.

O Rio Miño, as Pesqueiras e a Lamprea, conforman unha fonte de riqueza gastronómica, cultural e económica para todos os arbenses que no ano 2003 foi institucionalizada ao inaugurarse o Centro de interpretación do viño e a lamprea-ARABO, informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. Dentro da estratexia do Plan de reactivación do Eixo Social, Sectores Turisticos, Comercio Local e Tecido Empresarial de Arbo fronte aos efectos derivados da COVID-19, esta o apoio e promoción do sector turístico como o principal motor da economía arbense, e donde se contempla entre outras este concurso que ademáis de permitir atraer visitantes, tamén promocionan as adegas, restaurantes, as casas de turismo rural e as empresas de ocio cara a tempada 2021, que serán cando se fagan efectivos os premios cuxo custo asumirá o Concello  de Arbo, remata o rexedor.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies