Inicio Baixo Miño Aplausos e sirenas no Rosal en homenaxe a todas e todos os...

Aplausos e sirenas no Rosal en homenaxe a todas e todos os profesionais esenciais para combater o coronavirus

Aplausos e sirenas no Rosal en homenaxe a todas e todos os profesionais esenciais para combater o coronavirusProtección Civil, Garda Civil e GES da Guarda fai unha pequena homenaxe coas sirenas acendidas

Homenaxe no Rosal a todas e todos os profesionais que cada día saen á rúa para combater o COVID-19, para velar polo benestar da veciñanza en plena crise sanitaria ou para garantir os produtos de primeira necesidade en pleno estado de alarma. Membros de Protección Civil, Garda Civil e do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) da Guarda reuníronse onte na Praza do Calvario e acenderon as súas sirenas para visibilizar o seu agradecemento a todos aqueles servizos esenciais que colaboran día a día en plena emerxencia sanitaria.

Uns aplausos mutuos que se sumaron aos que se escoitaban desde balcóns e fiestras e que se fixeron extensibles tamén a todas as forzas e corpos de seguridade e a outro dos eixos vertebradores nesta loita contra o coronavirus, o persoal sanitario. Un xesto importante co que tamén se quixo homenaxear ao sector da alimentación, que está a desempeñar un papel clave e leva traballando a pleno rendemento dende o inicio da crise para garantir que toda a cidadanía dispón do necesario nestes intres.

Agradecemento tamén a todas as veciñas e veciños que achegan cada día o seu gran de area sendo responsables, quedando na casa e cumprindo todas as medidas de seguridade necesarias para tentar frear a expansión do COVID-19.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies