spot_img
InicioVal MiñorNigránAntonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2017, homenaxeado...

Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2017, homenaxeado en Nigrán polos alumnos do CEIP Humberto Juanes

o CEIP Humberto JuanesO escritor vigués protagonizou no Auditorio Municipal un acto do CEIP Humberto Juanes que puxo fin á celebración da ‘Semana da Poesía’

O último gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, Antonio García Teijeiro, visitou esta mañá o Auditorio Municipal de Nigrán para por o broche de ouro á ‘Semana da Poesía’ que cada ano celebra  o CEIP Humberto Juanes. O autor vigués foi homenaxeado polos alumnos de terceiro e cuarto de Primaria, que ademais o entrevistaron en directo para ‘Radio Vilameán’, o particular medio deste centro educativo. Ao finalizar o programa, a tenente de alcalde de Nigrán, Raquel Giráldez, e o concelleiro de Educación, Luis Sanromán, convidárono a asinar no Libro de Honra do Concello, onde o escritor deu mostras do seu agradecemento.

García Teijeiro, en resposta ás preguntas dos nenos, recoñeceu que lle caeron “as bágoas de emoción’ cando o ano pasado recibiu diante do mar a noticia de que gañara o Premio Nacional de Literatura Infantil e Juvenil por ‘Poemar o Mar’, non en balde, había 15 anos que un libro de poemas non obtiña este premio. Ademais, confesou que non foi precisamente un bo estudante en Primaria pero si un lector “empedernido”. “Non son de dar consellos, pero se teño que facelo, recoméndovos que leados moito para poder crecer tamén por dentro e ter un criterio propio”, díxolle aos nenos. Mestre xa xubilado, o escritor considera “fundamental que se traballe a Literatura nas aulas e que se lea” e anima tamén a practicar deporte, eido no que tivo moitos éxito como xogador e adestrador de balonmán.

Nado en Vigo en 1952, está considerado un dos poetas máis importantes de literatura infantil en lingua galega. Entre outros galardóns que tamén obtivo figuran o Premio Lúa de Aire do  CEPLI da Universidade de Castela-A Mancha por ‘Ronseis de versos’, escrito xunto con Rafael Cruz  Contarini (2007), ou o Premio Merlín por  ‘Na  fogueira dos versos’ (1996), galardón este último que, recoñece, lle abriu moitas portas. “Nunca escribín para gañar premios, pero si para poder ver publicada a miña obra”, refle

- Publicidade -spot_img